Unha semaniña máis con vosoutros para tentar levar adiante este programa en língua galega, perante dúas horas. Hoxe coa presenza nos estudos de dous convidados especiais: Rubén Martín Cobano e Ana Belén. Agradecémoslle a súa participación e despois de escoitar unha peciña musical, encetamos. Rubén recítanos unha poesía, da súa autoría, adicada a ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, ese cantautor galego que nos honra coa súa amizade e que ven de cumplir anos recentemente.
A primeira comunicación - entrevista é con TAMARA ANDRÉS, unha poeta de Combarro que nos recibe moi amablemente e deseguida entablamos unha conversa moi amena. Primeiro escoitamos o agasallo que lle presenta RUBÉN, consistente nunha poesía adicada a ela mesma. Despois continuamos falando e coñecendo algo máis polo miúdo a súa traxectoria e os seus proxectos tan interesantes.
Na segunda hora falamos co noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra: XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre escolle algunhas noticias interesantes e de actualidade, moi relacionadas con Galicia, claro. Tamén nos agasalla coa súa creación pictórica e que sempre colgamos neste noso humilde blog.
A entrevista final é con UBALDO, o responsable do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo, 74-76, de Barcelona. Agradecémoslle a súa colaboración e cóntanos que realizan xantares galegos con moita participación de persoas daquela contorna e precisamente convida a tódolos escoitantes e seguidores para que se apunten á seguinte convocatoria de xantar consistente nunha gran calçotada, que rematará, como as anteriores celebracións, con música e festa a rachar para os comensais e acompañantes que o desexen. Desexámoslle moito éxito e prometémonos voltar a falarlle. Despedímonos ate o vindeiro programa, escoitando outro poema de RUBÉN, esta vez adicado a Fisterra, que lle agradecemos.
A vindeira semana máis. Non faltedes. Agradámovos a tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario