Comeza o programa ofrecéndolles unhas pezas musicais de benvida e conectando con JUAN, Presidente da A.C.G. AGARIMOS, de Badalona, e dende Galicia tamén intervén un servidor, para comentar estes minutiños conxuntamente e agradecerlle a súa amable atención a Juan pola súa colaboración e aportación desinteresada coa que sempre nos recibe.
A segunda conversa-entrevista é con OSCAR IBÁÑEZ, grande mestre gaiteiro que nos fala do seu traballo e da súa traxectoria musical tan fructífera.
Na segunda hora, coma sempre, conectamos coa capital da Ribeira Sacra, Monforte, onde nos recibe o noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que ten preparadas as súas "noticias retranqueiras" cheas de interese, e envíanos a súa creción artística relacionada con algo que fai referencia ao programa de hoxe; neste caso a noticia do empregado que tiña gardadas unha morea de cartas...
A ultima intervención de hoxe é unha entrevista a don MIGUEL SOUTO, responsable da coordinación e desenvolvemento da festa: AS SAN LUCAS de Mondoñedo, que tanta tradición e antigüidade teñen. Unha grande celebración que nos debulla un chisco.
A vindeira semana máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario