jueves, 15 de febrero de 2018

XOVES 15 de febreiro do 2018

Un programiña máis de dúas horas en galego con todos vostedes. Hoxe comezamos conectando con don GONZALO LOSADA COLMENERO, un galego de Xinzo da Limia, que vive en Calella dende hai tempo e que nos pon ao corrente da "Festa do Entroido" naquelas contornas, que ten como unha importante caracterísitica principal: as caretas que chaman "Pantallas" e fainos un percorrido pola súa celebración perante cinco semanas consecutivas. Unha conversa moi interesante que nos comprometemos a continuar en vindeiras datas, para que nos informe das moitas cousas que quedaron no tinteiro, nesta ocasión. ¡Graciñas Gonzalo!

A segunda conexión é con dona CARMEN PENIN, de "Herdeiras", que nos fala da súa traxectoria musical presentando ese traballo tan fermoso que mentamos no comezo e que está a acadar moitos éxitos e tódolos pobos e vilas nos que o presenta. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.

Comezamos a segunda hora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, que comeza a súa intervención lendonos unhas coplas do remate do Entroido en Monforte e a seguir danos os seus Me Ghustan e Non me Ghustan de cada semana. Deixa para outra ocasión algo relacionado coas "presas". Tamén nos envía a súa creación en forma de viñeta, alusiva ao programa.


Finalizamos o programa de hoxe falando con Carlos Xavier, "CHEF do Restaurante "Merenzao". Ademais de facernos partícipe da súa grande profisionalidade que se ve reflexada ao incluír este Restaurante na Guía Repsol. Tamén nos informa de cando comezarán a seguinte tempada, xa que en tempo de inverno encerran e inaugurarán con moitas novidades na penúltima semana de marzo. Desexámoslle moitos éxitos e tamén nos propoñemos volatar a falar con el en vindeiros programas.


Que pasedes unha feliz semana. O vindeiro xoves aquí estaremos, outra vez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario