Comezamos o programa dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peza musical titulada "repoludo Gaiteiro", interpretada por Amancio Prada, pra recibir a Carlos Alonso Calderón, con quen falaremos dun gaiteiro que faleceu non hai moito tempo, daquelas contornas de Fonsagrada e arredores, concretamente de Armando Fernández, máis coñecido por "O Freixeiro", aldea da súa procedencia. Agradecémoslle a Carlos a súa aportación no programa de hoxe.
Para a segunda entrevista poñémonos en contacto con SALETA FEERNÁNDEZ, Atleta Monfortina, Campeona de España de Salto de Altura, que nos fala da súa traxectoria como deportista de élite. Grande profisional á que lle desexamos moitísimos éxitos.
Comezamos a segunda hora coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparados os seus "Me ghustan e Non me Ghustan" cheos de informacións moi ben escollidas e finaliza a súa intervención cunha descrición retranqueira do refraneiro galego, ademais de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe, coa que homenaxea o pasamento de "Forges".
E finalizamos o programa de hoxe falando con Nieves Fernández Vidueira, a pastora-poeta e artista de Quintela do Pando (Viana do Bolo), que nos pon ao corrente do éxito acadado no Domingo Gordo en Viana do Bolo, coa posta en escea da montaxe espectacular do "Deus do Entrudio", portado por un conxunto extraordinario no que estaba representado o Castelo de Viana, o Aviador de Quintela e o Deus do Entrudio, confeccionado polos seus fillos e un grande equipo. ¡Parabens! Foron agasallados co Primeiro Premio do desfile polo Concello de Viana. Tamén comenta connosco parte da súa traxectoria profisional e falamos unchisco do seu labor confeccionando figuras con raíces de uz e outras árbores, coas que ten un "museo" de máis de cincocentas pezas. Tamén falamos dos seus poemas, que ela lle chama "rimas" e que nos aprezamos tanto e que deixamos para outro momento no que a comprometeremos que nos declame. ¡Moitas Grazas, Nieves!
Pasade unha feliz semana e non deixedes de sintonizarnos o vindeiro xoves, á mesma hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario