jueves, 1 de marzo de 2018

XOVES 1 de MARZO de 2018

Comezamos outro programiña máis de dúas horiñas de radio en galego. Despois de escoitar unha peza de música poñémonos en contacto con don Bienvenido Freire, da Panadería SALOMÉ, en Monforte de Lemos que veñen de acadar o posto 48 das 83 Panaderías máis importantes de España, segundo a revista Pan de Calidad: PANORAMA PANADERO. As 83 Panaderías de toda España seleccionadas na Ruta Española del Buen Pan. Felicitámolo e comentamos con el a súa traxectoria e o traballo diário que están a facer por conservar a forma tradicional de elaborar o pan e as Empanadas que lle están a dar tanta fama e prestixio. Desexámoslle que siga colleitando éxitos.


A segunda intervención é con don MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da "IIIª Festa do LACÓN" que celebrarán os días 9, 10 e 11 de marzo próximos, e aproveitamos apra que nos poña ao corrente das actividades e celebracións que teñen previstas para próximas datas. Agradecémoslle a súa amable atención.


Continuamos, na segunda hora, coa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU?, do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa aportación cultural e informativa moi interesante, en forma de "Me ghustan e Non me Ghustan", relacionadas cos acontecementos actuais na nosa comunidade galega e tamén aproveita para indicarnos algunha das celebracións importantes que se aveciñan para esta fin de semana: Festa do Queixo en Arzúa ou a Festa da Arribada en Baiona. Non se esquece de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe, que nós compartimos aquí.


Finalizamos entrevistando a UBALDO PEREZ, do Restaurante "Los Ancares" na rúa Robrenyo,74-76 de Barcelona, para que nos informe da celebración da "Festa dos calçots 2018" que ten prevista para este domingo día 4 de marzo, na que ademais de servir os calçots, tamén haberá parrillada de carne, acompañado todo elo de bon viño galego, e de postre crema catalana, para finalizar con café e chupitos. Tamén terán actución musical e festiva con gaitas, acordeón, pandeiros e panderetas, para bailar despois de degustar estes sabrosos pratos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


E despedímonos ate a vindeira semana. ¡Non deixen de sintonizarnos e sexan felices!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario