Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha pequeniña peza musical para conectar con JORGE PRADA MERAYO, un gaiteiro e Profesor de música afincado en Ponferrada, que ademais á componente do Grupo Folk "Rapabestas" e dos "Templarios de OZA". Falamos da súa traxectoria e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente.
A segunda conversa é con XURXO SALGADO, que é directivo do Xornal Dixital en galego, que acaban de inaugurar o pasado día 17 de Maio (Día das Letras Galegas 2018) xunto con outros dous xornais dixitais máis, baixo o soporte de galiciadixital e que se chama xornaldelemos.gal. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.
Seguimos con entrevistas e nesta ocasión poñémonos en contacto con RAUL VELASCO SÁNCHEZ, Coordinador e Presidente do Xurado do "II Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas" da Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí. Fálanos da grande participación e afluencia de autores que enviaron as súas creacións. Aproveitamos para felicitalo e desexarlles moitos éxitos e continuidade nesta tarefa tan interesante.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? da que nos fai partícipe cos seus Me Ghustan en Non Me Ghustan, moi relacionados coa realidade social da zona e Galicia en xeral. Tamén nos aporta a súa creación pictórica, en forma de viñeta, que fai referencia á algunha parte das intervencións da emisión de hoxe. Concretamente unha anédocta que nos comentou o seguinte convidado e que nós aproveitamos para colgar e comapartir cos nosos oíntes e seguidores.
Continuamos con entrevistas e nesta ocasión achegámonos novamente a Galicia para falar con don ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor en lingua galega, nado en Xinzo da Limia. Fálanos da súa traxectoria creativa e coméntanos algunha anécdota curiosa, que o noso colaborador Xosé Manuel aproveita para ilustrala. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale de máis cousas relacionadas coa súa escrita.
A última conversa-entrevista é con SUSANA SEIVANE, a gaiteira internacional que nos recibe moi amablemente e que nos adianta parte dalgunha sorpresa que ten preparada para agasallarnos no Concerto que realizará o vindeiro día 1 de XUÑO no Par de Can Mercader de Cornellà, baixo o patgrocinio da A.C.G.Roslía de Castro. Convídanos a que nos acheguemos ese venres a disfrutar da súa actuación e da música que interpretará nesa noite máxica de Folk galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario