Outra semaniña máis con todos vosoutros, ofrecéndolles dúas horas de radio en galego. Comezamos recitando unha das poesías coas que nos agasalla no facebook a nosa admirada amiga poeta pastora Nieves Fernández Vidueira, que ven moi a xeito pola tempada na que estamos (relacionada coas castañas) e a chegada desa gota fría coa que remata a súa creación. Permitímonos a "licencia" de copiala aquí, para disfrute de todos vosoutros:
Atopei unha castaña
que nunha touza varaba,
non atopaba o camiño
e pola pedra esbaraba.
Onde vas meu queridiño
que a lua está menguada,
non te arrisques a caere
castaña.... Sen ser curada.
Eu ben sei que foi a chuvia
que te fixo beber moito,
e co avaneo do vento
unha cantiga eu escoito.
A castaña está rachada
non sei quen a cosería,
coseuna a Lúa de noite
regouna o Sol polo día.
E coa mornura da neboa
amansou ata os ourizos,
benditos os castiñeiros
que non os tiñan buguizos.
E atopei unha castaña
que polo monte corría,
xa comezou a campaña
e tamen a gota fría.
Nieves Fernández Vidueira
que nunha touza varaba,
non atopaba o camiño
e pola pedra esbaraba.
Onde vas meu queridiño
que a lua está menguada,
non te arrisques a caere
castaña.... Sen ser curada.
Eu ben sei que foi a chuvia
que te fixo beber moito,
e co avaneo do vento
unha cantiga eu escoito.
A castaña está rachada
non sei quen a cosería,
coseuna a Lúa de noite
regouna o Sol polo día.
E coa mornura da neboa
amansou ata os ourizos,
benditos os castiñeiros
que non os tiñan buguizos.
E atopei unha castaña
que polo monte corría,
xa comezou a campaña
e tamen a gota fría.
Nieves Fernández Vidueira
A seguir conectamos con Mery, da Asociación Cultural Galega "AGARIMOS de Badalona, que nos pon ao corrente das múltiples actividades desenvolvidas durante o verán e neste comezo de curso 2018-19 e das que teñen previsto realizar en vindeiras datas. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con ela próximamente.
Celebramos a visita de Ricard Ros de Música Fol del Baix Llobregat RIU, que ven a presentarnos o seu ultimo traballo-CD DELTA, e falarnos da próxima mini-xira que celebrarán co Grupo de música Celta-irlandesa BÖJ de Ferrol os días 27, 28 e 29 de Outubro en Sant Boi e Esplugues de Llobregat. Agasallounos coa entrega de dúas entradas para asistir "de valde" -gratuitamente- a algún dos concertos que teñen previsto realizar: o día 26 na Masia de Sant Boi, o día 27 unha sesión vermouth na Colonia Güell e o día 29 en Esplugues de Llobregat. Desexamos moitos éxitos.
A seguinte intervención e a do noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección Quen che Preguntou? e comeza cos seus "Me ghustan e Non Me ghustan" para finalizar coas curiosidades e propostas interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario