jueves, 10 de enero de 2019

XOVES 10 de XANEIRO do 2019

Comezamos o primeiro programa do ano dándolle a Ben-vinda ao noso amigo e colaborador XOSÉ LAMELA BAUTISTA, con quen tentaremos ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. A primeira comunicación é con PACO LEDO, poeta labrego de Chantada, con quen mantemos unha conversa moi amena e agasállanos coa declamación de dúas das súas creacións poéticas. Agradecémoslle a súa aportación na emisión de hoxe e desexámoslle moitos éxitos,


A segunda intervención é a de XOSÉ LOIS das "Galletas Mariñeiras", da empresa Da Veiga, que nos fala deste producto natural que fabrican en Chantada. Explícanos cal é a composición e proxecto deste Empresa que comezou con pouquiños empregados e que hoxendía ten nada menos que cincoenta empregados. Tamén nos adianta a próxima presentación dun novo producto con chocolate. A súa máxima pretensión é manter a ocupación na zona para non desertizar a poboación rural e tamén ofrecer un producto de calidade sen ningún tipo de aditivos. 


O noso amigo e colaborador XOSÉ LAMELA BAUTISTA, fainos unha pequena presentación do xornal "O Picaraño" que se acabou de publicar en Entrimo o día 29 de decembro pasado, e danos unhas pinceladas sobre o que representaou esta publicación no seu tempo e do actual formato e edición. A continuación falamos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Comeza a súa intervención cos seus Me Ghustan e Non Me Ghustan, coma semper e finaliza coa reseña dunha curiosidade. Tamén nos envía a súa viñeta alusiva a algún dos contidos do programa de hoxe, e que nosoutros compartimos con todos vosoutros aquí.


A ultima conexión é coa nosa correspondente na zona dos Ancares: FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparada unha participación pormenorizada sobre varios temas escollidos para ilustrar aos nosos oíntes e seguidores.


Que teñan unha feliz semana e volvan a conectanos o vindeiro xoves á mesma hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario