Comezamos unha nova emisión escoitando un bocadiño de música e conectamos con Toño Núñez, escritor e poeta galego. Fálanos da súa traxectoria creativa, da presentación do libro "75 Poetas galaico-lusos", da 1ª Polavila-Naviega, Cantos de Taberna para o vindeiro día 28 de decembro, da próxima presentación dun CD con poemas da súa autoría, coa participación de Xoan Eiriz... Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe.
Continuamos o programa conectando con Ramón Pazos, compoñente do Grupo Musical ABÓBRIGA-Música Galega, que nos fala da creación e traxectoria deste Grupo musical galego. Acaban de gravar na TVG a música para o programa "Son da Ribeira"... Tamén nos informa da próxima publicación do CD que leva por título "Non hai fallo". Desexámoslles moitos éxitos.
A segunda hora correspóndelle á sección QUEN CHE PREGUNTOU? do noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que ten preparada a súa crónica coas aportacións TOP, as propostas de visita dalgunhas Celebracións Gastronómicas e a Retranca para todos. A súa aportación creativa, en forma de viñeta, está adicada ao noso locutor Armando Fernández, e relacionada coa esa sub-sección Retranca para todos.
Falamos, antes de finalizar o programa, coa Presidenta de GALICIAME, a nosa benquerida Merchi Álvarez, coa que mantemos unha conversa moi distendida e chea de informacións: A Gala-Xantar de Galiciame, prevista para o día 6 de decembro, que será presentada por Belén Xestal e Armando Fernández. O lugar de encontro será na Adega de "Condes de Albarei"-Cambados. Terán a participación de afamados artistas galegos. Algúns deles: Rosa Cedrón, Oscar Ibáñez, Lucía Pérez, Joel Padín, Xabier Vizcaíno, Pepo Suevos e Oswaldo... ... Augurámoslles moitos éxitos e unha grande recadación para esa fermosa causa benéfica.
E despedímonos desexándovos que teñades unha semana gorentosa. Ate o xoves que ven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario