jueves, 24 de septiembre de 2020

XOVES 24 de SETEMBRO do 2020

Comezamos a emisión recibindo nos estudos ao Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, con quen departiremos para saber algo máis dese "40 Aniversario da ASociación". Pero a primeira comunicación-entrevista é con Ubaldo Pérez, do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo 74 de Barcelona, a quen felicitamos polo seu traballo e tamén lle agradecemos a súa colaboración, consistente nun xantar ou cea para dúas persoas no seu Restaurante. Xa celebrou o "Xantar Mensual" o domingo pasado, adicado ao Polbo á Feira(pulpo), e o mes de outubro ten previsto ofrecer o "Cocido Galego". Seguiremos en contacto e avisamos que os oíntes e seguidores que se poñan en contacto connosco posiblemente teñan como agasallo ese xantar ou cea no seu Restaurante.

 

 Continuamos o programa e aproveitando que temos nos estudios a Oliver Fernández, como dixemos no comezo, pedímoslle que nos informe de cómo están a decorrer as cousas pola Entidade, qué actividades se estan a realizar, cómo pensa celebrar o "40 Aniversario da Asociación"... E moi amablemente nos informa e convida a tódolos nosos oíntes e seguidores que sigan atentos ás nosas informacóns e comunicacións que pronto teremos novidades relacionadas cun posible evento de grande importancia na Sede da Entidade. As clases de Gaita, Danza e Percusión xa se están a realizar, tamén se permite a asistencia aos socios coas medidas de hixiene necesarias, o Certame de Poesía tamén se pensa celebrar...etcétera. Agradecémoslle a súa presenza e participación e hoxe.

 

 Despois comunicámonos coa Sra. Carmen da Vivenda Rural "Xanela da Lúa". O primeiro é felicitala pola grande acollida que tivo este verán e agradecerlle a súa colaboración para celebrar con todos o "40 Aniversario da Radio e o da nosa Asociación". Xanela da Lua ofrece un desconto, un 3 por 2 para todos os vosos ointes. E se vos parece un sorteo de unha fin de semana con aloxamento e desayuno para duas persoas. O nosos seguidores e oíntes poderán disfrutar desta oferta sempre e cando se poñan en contacto connosco. Agardamos as vosas chamadas e intervencións.

 

 Seguimos a emisión e entrevistamos, moi distendidamente, ao grande comunicador da TVG don Xosé Ramón Gaioso. Unha honra e un pracer poder conversar co Sr. Gaioso, que nos recibe moi amablemente e despedímonos con palabras de agradecemento pola súa participación.

 

 

Na segunda hora falamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?Primeiro felicitámonos mutuamente por ter acadado o RETO, que nos propuxo a semana pasada: Falar ou recibir un saúdo de Gaioso ou Roberto Vilar. Estivemos a entrevistar a Xosé Ramón Gaioso. Continúa cos seus Me ghustan e Non me ghustan. Despois as "súas caralladas" con unha serie de palabras e frases retranqueiras e con humor. E finaliza enviándonos a "viñeta" alusiva a algún momento da emisión, que aquí pegamos "para disfrute de tod@s vosoutr@s". Agardamos que sigan participando.

 

 Depois voltamos a conectar con Galicia para falar cun dos compoñentes do "Grupo A Roda", Alfredo, que nos recibe afectuosamente e conversamos con el sobre a traxectoria do Grupo e a incorporación de novos instrumentos e participantes no seu ultimo traballo discográfico.

E así transcorreu este noso programa de hoxe. Agradecer a colaboración de todos os que nos envían cousas para compartir cos nosos oíntes e seguidores, e grazas a todos eles. O vindeiro xoves tentaremos facer outro programa máis. Non deixen de sintonizarnos.


jueves, 17 de septiembre de 2020

XOVES 17 de SETEMBRO do 2020

 Comezamos nova tempada: 2020/2021

Dámoslle a ben-vinda e ofrecémoslles unha peza "en primicia" que nos enviou XIAO YAÑEZ: "Danza dos DEDOS". Posiblemente se convirta na sintonía da nosa emisión "Galegos no BAIX". De momento é a música que temos para celebrar con todos vosoutros, queridos oíntes e seguidores, o "40 Aniversario de Radio Sant Boi e o 40 Aniversario da nosa A.C.G.Rosalía de Castro".

Encetamos a nosa primeira emisión desta nova tempada conectando con Galicia para recibir a Carmen Penim, de "2Na Fronteira", a quen lle agradecemos o envío de varios CDs para repartir cos nosos oíntes e seguidores con motivo deses Aniversarios que lles comentamos ao comezo. Tamén aproveitamos para felicitala polo éxito acadado en sendos concertos que realizaron en Tui e Valença do Minho. Próximamente presentará o video do traballo que publicarán baixo o título "Cantos de Terra e Sal". Agradecémoslle a súa colaboración e pronto voltaremos a conectar con ela para que nos informe.

 

 A segunda conexión é con Daniel, compoñente do Grupo "Briganthya", que tamén nos enviou algúns CDs do seu ultimo traballo para entregar aos nosos oíntes e seguidores, con motivo deses Aniversarios que estamos a celebrar. Dámoslle as grazas e comentamos un chisco a traxectoria musical dese Grupo.

 

 A continuación voltamos a Galicia para falarmos con AIDA TARRIO, unha das TANXUGUEIRAS, ese grande Grupo Femenino de música tradicional  galega que acaban de publicar un segundo traballo titulado: Contrapunto, e que servirá para agasallar aos nosos oíntes e seguidores, como premio polo 40 Aniversario da Radio e da nosa Asociación Rosalía de Castro. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan acadando moitos éxitos.

 

 Na segunda hora conectamos co noso correspondente Xosé Manuel, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Ponnos ao corrente de cómo ten estructurada esa parte do programa que dividirá e catro seccións: Primeiro Noticias cos seus Me gustan e Non me Gustan. Segundo O Reto. Terceiro que nomea como "caralladas" ou apartado humorístico e Cuarto "a Viñeta", como viña facendo en edicións anteriores. Unha remodelación que seguro dará moito máis contido a esta sección e arriquécese. Moitas grazas, Xosé Manuel. A vindeira emana máis.

 

 Conectamos con Anibal, propietario da "Adega Tapias de Mariñán" que nos fala dalgúns aspectos desagradables que están a suceder naquela contorna da D.O. Monterrei, con motivo de incendios non explicables que afectaron  a unha das súas viñas (nada menos que tres hectareas de viñedo). Coméntanos que estan a traballar na vendima deste ano, que teñen preparada a próxima presentación do viño con cepas autóctonas "sousón", posiblemente unha das colleitas máis enxebres que se poderán degustar. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no programa de hoxe.

 

 Non podiamos deixar pasar a oportunidade de conectar con XIAO YAÑEZ, o compositor desa peza musical que estrenamos. Felicitámolo e agradecémoslle a súa aportación creativa. Énchenos de satisafación e honra poder contar con esa composición musical que servirá para celebrar con todos eses "40 Aniversarios" que teremos a ocasión de compartir con tódolos nosos oíntes e seguidores, e aporveitaremos para entregarlles algún dos moitos CDs que nos enviaron os artistas e cantautores que iremos entrevistando ao longo deste novo curso que encetamos desta forma tan feiticeira. 

 

 Agardámosvos a vindiera semana. Non deixedes de conectarvos, que seguro teredes ocasión de recibir algún dos agasallos que iremos repartindo con todos vosoutros. Tan só teredes que conectarvos e comunicarse con nosoutros, polo WhatsaApp, polo Facebook ou polo correo electrónico, e enviarémosvos un dos Cds que nos pidades (de todos os que dispoñamos, claro).