Comezamos nova tempada: 2020/2021
Dámoslle a ben-vinda e ofrecémoslles unha peza "en primicia" que nos enviou XIAO YAÑEZ: "Danza dos DEDOS". Posiblemente se convirta na sintonía da nosa emisión "Galegos no BAIX". De momento é a música que temos para celebrar con todos vosoutros, queridos oíntes e seguidores, o "40 Aniversario de Radio Sant Boi e o 40 Aniversario da nosa A.C.G.Rosalía de Castro".
Encetamos a nosa primeira emisión desta nova tempada conectando con Galicia para recibir a Carmen Penim, de "2Na Fronteira", a quen lle agradecemos o envío de varios CDs para repartir cos nosos oíntes e seguidores con motivo deses Aniversarios que lles comentamos ao comezo. Tamén aproveitamos para felicitala polo éxito acadado en sendos concertos que realizaron en Tui e Valença do Minho. Próximamente presentará o video do traballo que publicarán baixo o título "Cantos de Terra e Sal". Agradecémoslle a súa colaboración e pronto voltaremos a conectar con ela para que nos informe.
A segunda conexión é con Daniel, compoñente do Grupo "Briganthya", que tamén nos enviou algúns CDs do seu ultimo traballo para entregar aos nosos oíntes e seguidores, con motivo deses Aniversarios que estamos a celebrar. Dámoslle as grazas e comentamos un chisco a traxectoria musical dese Grupo.
A continuación voltamos a Galicia para falarmos con AIDA TARRIO, unha das TANXUGUEIRAS, ese grande Grupo Femenino de música tradicional galega que acaban de publicar un segundo traballo titulado: Contrapunto, e que servirá para agasallar aos nosos oíntes e seguidores, como premio polo 40 Aniversario da Radio e da nosa Asociación Rosalía de Castro. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan acadando moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente Xosé Manuel, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Ponnos ao corrente de cómo ten estructurada esa parte do programa que dividirá e catro seccións: Primeiro Noticias cos seus Me gustan e Non me Gustan. Segundo O Reto. Terceiro que nomea como "caralladas" ou apartado humorístico e Cuarto "a Viñeta", como viña facendo en edicións anteriores. Unha remodelación que seguro dará moito máis contido a esta sección e arriquécese. Moitas grazas, Xosé Manuel. A vindeira emana máis.
Conectamos con Anibal, propietario da "Adega Tapias de Mariñán" que nos fala dalgúns aspectos desagradables que están a suceder naquela contorna da D.O. Monterrei, con motivo de incendios non explicables que afectaron a unha das súas viñas (nada menos que tres hectareas de viñedo). Coméntanos que estan a traballar na vendima deste ano, que teñen preparada a próxima presentación do viño con cepas autóctonas "sousón", posiblemente unha das colleitas máis enxebres que se poderán degustar. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no programa de hoxe.
Non podiamos deixar pasar a oportunidade de conectar con XIAO YAÑEZ, o compositor desa peza musical que estrenamos. Felicitámolo e agradecémoslle a súa aportación creativa. Énchenos de satisafación e honra poder contar con esa composición musical que servirá para celebrar con todos eses "40 Aniversarios" que teremos a ocasión de compartir con tódolos nosos oíntes e seguidores, e aporveitaremos para entregarlles algún dos moitos CDs que nos enviaron os artistas e cantautores que iremos entrevistando ao longo deste novo curso que encetamos desta forma tan feiticeira.
Agardámosvos a vindiera semana. Non deixedes de conectarvos, que seguro teredes ocasión de recibir algún dos agasallos que iremos repartindo con todos vosoutros. Tan só teredes que conectarvos e comunicarse con nosoutros, polo WhatsaApp, polo Facebook ou polo correo electrónico, e enviarémosvos un dos Cds que nos pidades (de todos os que dispoñamos, claro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario