jueves, 24 de septiembre de 2020

XOVES 24 de SETEMBRO do 2020

Comezamos a emisión recibindo nos estudos ao Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, con quen departiremos para saber algo máis dese "40 Aniversario da ASociación". Pero a primeira comunicación-entrevista é con Ubaldo Pérez, do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo 74 de Barcelona, a quen felicitamos polo seu traballo e tamén lle agradecemos a súa colaboración, consistente nun xantar ou cea para dúas persoas no seu Restaurante. Xa celebrou o "Xantar Mensual" o domingo pasado, adicado ao Polbo á Feira(pulpo), e o mes de outubro ten previsto ofrecer o "Cocido Galego". Seguiremos en contacto e avisamos que os oíntes e seguidores que se poñan en contacto connosco posiblemente teñan como agasallo ese xantar ou cea no seu Restaurante.

 

 Continuamos o programa e aproveitando que temos nos estudios a Oliver Fernández, como dixemos no comezo, pedímoslle que nos informe de cómo están a decorrer as cousas pola Entidade, qué actividades se estan a realizar, cómo pensa celebrar o "40 Aniversario da Asociación"... E moi amablemente nos informa e convida a tódolos nosos oíntes e seguidores que sigan atentos ás nosas informacóns e comunicacións que pronto teremos novidades relacionadas cun posible evento de grande importancia na Sede da Entidade. As clases de Gaita, Danza e Percusión xa se están a realizar, tamén se permite a asistencia aos socios coas medidas de hixiene necesarias, o Certame de Poesía tamén se pensa celebrar...etcétera. Agradecémoslle a súa presenza e participación e hoxe.

 

 Despois comunicámonos coa Sra. Carmen da Vivenda Rural "Xanela da Lúa". O primeiro é felicitala pola grande acollida que tivo este verán e agradecerlle a súa colaboración para celebrar con todos o "40 Aniversario da Radio e o da nosa Asociación". Xanela da Lua ofrece un desconto, un 3 por 2 para todos os vosos ointes. E se vos parece un sorteo de unha fin de semana con aloxamento e desayuno para duas persoas. O nosos seguidores e oíntes poderán disfrutar desta oferta sempre e cando se poñan en contacto connosco. Agardamos as vosas chamadas e intervencións.

 

 Seguimos a emisión e entrevistamos, moi distendidamente, ao grande comunicador da TVG don Xosé Ramón Gaioso. Unha honra e un pracer poder conversar co Sr. Gaioso, que nos recibe moi amablemente e despedímonos con palabras de agradecemento pola súa participación.

 

 

Na segunda hora falamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?Primeiro felicitámonos mutuamente por ter acadado o RETO, que nos propuxo a semana pasada: Falar ou recibir un saúdo de Gaioso ou Roberto Vilar. Estivemos a entrevistar a Xosé Ramón Gaioso. Continúa cos seus Me ghustan e Non me ghustan. Despois as "súas caralladas" con unha serie de palabras e frases retranqueiras e con humor. E finaliza enviándonos a "viñeta" alusiva a algún momento da emisión, que aquí pegamos "para disfrute de tod@s vosoutr@s". Agardamos que sigan participando.

 

 Depois voltamos a conectar con Galicia para falar cun dos compoñentes do "Grupo A Roda", Alfredo, que nos recibe afectuosamente e conversamos con el sobre a traxectoria do Grupo e a incorporación de novos instrumentos e participantes no seu ultimo traballo discográfico.

E así transcorreu este noso programa de hoxe. Agradecer a colaboración de todos os que nos envían cousas para compartir cos nosos oíntes e seguidores, e grazas a todos eles. O vindeiro xoves tentaremos facer outro programa máis. Non deixen de sintonizarnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario