Comezamos outra emisión máis con todos vosoutros, dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar un bocadiño de música do último CD de Susana Seivane, con quen falamos a continuación. Felicitámola por ese traballo "Dende o meu balcón". Coméntanos que ten nada menos que 55 cancións repartidas en 22 suites, que é o froito de parte das interpretacións que realizou durante o confinamento anterior. Agradecémoslle que nolo fixera chegar. Somos primicia en Cataluña. Infórmanos dalgúns dos Concertos que fixo e que fará próximamente, concretamente o vindeiro día 28 no Pazo da Cultura de Pontevedra, con motivo do Culturgal, que será retransmitido a través das redes sociais e polo canal de Youtube de Culturgal. Desexámoslle moitos éxitos e despedímola coa súa música.
A segunda entrevista é con Esther Díaz López, unha Poeta de Cervantes, que foi colaboradora radiofónica na Radio Galega, con Marcial Mouzo, no seu programa nocturno. Agradecémoslle a súa participación de hoxe, e comprometémonos a voltar a falar con ela, pero solicitándolle que nos recite algunha das súas creacións poéticas. Moitas grazas, Esther.
Continuamos nesta segunda hora conectando novamente con Galicia para falarmos co Cantautor "XABIER Vizcaino", que acaba de publicar un novo CD: Neno do Monte. Felicitámolo e agradecémoslle que nos teña ao corente das súas inquedanzas e traballos tan interesantes. O próximo Concerto seu, a pesar das dificultades do confinamento perimetral, será precisamente este próximo sábado 28 na praza da vila de O Incio. Precisamente ven de presentar este Cd no Liceo de Ourense. Agradecémoslle a súa participación no programa e desexámoslle moitos éxitos.
KIT Antimorriña |
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario