jueves, 29 de abril de 2021

XOVES 29 de ABRIL do 2021

Comezamos unha nova emisión de "Galegos no BAIX" conectando con Galicia para entrevistar a SONIA ARIAS LÓPEZ, unha autora e poeta galega que nos atende moi amablemente, para podermos falar das súas creacións e da súa traxectoria. Agradecémoslle a atención que nos dedica a a lectura dunha das súa poesías que nos agasalla denantes de finalizar a conversa con ela. Desexámoslle moitos éxitos.


O seguinte convidado é unha persoa que seguro coñecen ben os nosos oíntes e seguidores, xa tivemos a honra e o placer de poder contar coa súa aportación e colaboración no noso programa. Trátase de Guido Alvarez Parga, o Guía turístico oficial de Lugo e Titor de Grao de Turismo na Uned de Lugo. Fainos partícipe das súas inquedanzas e dalguns dos proxectos nos que está involucrado. Ademais de explicarnos algunhas peculiaridades deses traxectos e aportacións, tamén nos convida a que vaiamos por Lugo para poder disfrutar, con el, dos paseos que dirixe e coñecer moito máis polo miudo, a capital luguesa que tanto patrimonio e fermosura conserva.

Despois falamos co noso correspendente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen che Preguntou? Debulla con detenemento as noticias que escollle cos seus Ghústanme de Desghústanme, como cada semana. Aporta as consideracións anotadas na súa "libretiña pequena" e envíanos a viñeta de rigor, relacionada con algunha parte do programa de hoxe. ¡Moitas grazas Xosé Manuel!


E para finalizar o programa de hoxe, conversamos con María Teresa Delgado Criado, máis coñecida por TETE DELGADO, artista, cantante, presentadora de televisión... e moitas cousas máis. Viña de realizar algunha gravación na Televisión, pero dedícanos uns minutiños para conversar con nosoutros e darnos a coñecer algunhas das súas próximas actuacións. Con esta pequena entrevista cumplimos o RETO, que tiñamos pendente da semana pasada. Agradecémoslle a súa amable atención e disponibilidade.

Que teñan unha feliz semana. 

A continuación poden escoitar o programa completo, aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario