Comezamos o último programa desta tempada 2021 - 2022, escoitando a nosa sintonía, dándolles a ben-vida e escoitando unha peciña de música para darlle a ben-vinda ao primeiro convidado.
EDUARDO ALBERTO RODRÍGUEZ CUNHA, máis coñecido por
TATÁN. Actor teatral, Titiriteiro, Profesor e fundador da Compañía TANXARINA. Saudámolo e felicitámolo pola súa traxectoria ademais porque acaba de ser nomeado
Embaixador do Pan de Porriño. Agradecémoslle a súa amable atención. Relátanos unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, está a piques de estrenar a película "Matria". Prometémonos voltar a comunicarnos con el na seguinte tempada para comentar cómo foi esa estrea e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
O seguinte convidado é
"GOGUE", Xosé Anxo Rodríguez López. Pintor, Caricaturista, viñetista, ilustrador... ... colaborador de varios xornais, moi concretamente no Faro de Vigo dende 1989, pero colaborador de moitas publicacións, tanto españolas como internacionais, especialmente en Estado Unidos e Australia. Felicitámolo porque acaba de sair ao prelo un selo co seu famosísimo personaxe "
Floreano" (que ten unha escultura no Grove). Está a realizar varios videos relacionados co Camiño de Santiago. Xa están publicados algúns: "
A orixe de todos os camiños", "
Floreano e Monchiña na variante espiritual", "
As aventuras de Floreano e Monchiña no Camiño de Santiago"... ...etcétera. Concédenos unha entrevista moi interesante chea de información relacionada coa súa traxectoria creativa. Dámoslle as grazas pola súa colaboración de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia para falar con
ANXO BOAN RODRÍGUEZ, poeta de Chantada que nos informa da presentación do libro "
Poetas do reencontro", que contén poemas de 69 autores galegos, portugueses e asturianos, previsto para o día 2 de xullo no Auditorio Municipal de Chantada. Teñen previsto realizar unha xornada poética con moitos dos autores dese libro, acompañados pola música que interpretarán Alfredo González Vilela e Alfonso Graña. Agradecémoslle a comunicación e información detallada.
Despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que teñan unhas feiticeiras vacacións e un feliz verán. Voltaremos no mes de setembro, para unha nova tempada.
Recibimos a crónica do noso correspondente, XOSÉ MANUEL FERNANDEZ MONTES, encaargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que dende Monforte de Lemos envíanos as súas noticias en forma de "Desghústanme" e "Ghústanme", finalizando con algunhas frases e comentarios retranqueiros moi axeitados.
Colgamos aquí o programa completo.
¡FELIZ VERÁN!