Unha nova entrega deste programa de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións de sempre. Escoitamos un bocadiño de música e conectamos con Galicia, concretamente con JUAN LUIS ESTÉVEZ, un Panadeiro Artesán da Panadería Germán en Fisterra. Dámoslle a ben-vida e felicitámola porque acaban de concederlle un Sol na Guía Repsol. Tamén ten recibido varios premios a nivel Nacional pola confección do pan tan esmerado que ofrece aos seus clientes. Ten alumnos a nivel mundial, aos que lles imparte clases de cómo facer pan e moi especialmente cómo elaborar a "Masa Madre" que é fundamental para unha elaboración dun pan sin conservantes e natural cen por cen. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e despedímonos desexando que siga colleitando moitos éxitos.
A continuación recibimos a crónica do noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES. Coma sempre na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? facendo un resumo escollido das noticias cos seus "Desghústanme e Ghústanme" tan acaidos. E finaliza coas anotacións da súa "libretiña pequena" que sempre veñen acompañadas de certa retranca. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva a un momento determinado da emisión de hoxe, que compartimos con todos vosoutros.
Falamos con ALVARO PIN CAMPO, que podedes atopalo en "instagram" baixo o título de "florenciodebarreiros". Un estudante de Bacharelato que é un "artesán autodidacta" que traballa a madeira e outros materiais para confeccionar non só zocas, senón que tamén se dedica á cestería e aínda ten tempo para ir aprender a teitar. A pesar da súa xuventude (aínda está a estudar no Instituto en Lugo) fainos un agasallo moi especial: Tócanos, en directo, unha muiñeira coa súa trompa (birimbao). Conversamos con el sobre ese traballo que compaxina cos estudios moi eficazmente.
Asiste a algunhas Feiras onde amosa os seus traballos e a súa artesanía particular. Tamén nos comenta que practica algún que outro xogo popular como é a billarda, cando ten tempo, con seu irmán. Agradecémoslle a súa atención e participación e desexámoslle que siga disfrutando desa tarefa tan engaiolante.
Conectamos novamente con Galicia, para falar coa poeta e pintora AMALIA DÍAZ RODRÍGUEZ. Fálanos da súa participación en diversas publicacións poéticas e pictóricas colectivas, así como en certos Recitais poéticos con amigos e compañeiros tanto galegos coma portugueses. Ten previsto particpar, próximamente no Recital Poético que se celebrará no Saviñao. Agasállanos coa declamación de dous poemas da súa autoría, tituladas: "balada outonal" e "chove con sentimento" que fan referencia a esta tempada outonal na que nos atopamos. Agradecémoslle a súa aportación.
E despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora. Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario