jueves, 29 de febrero de 2024

XOVES 29 de FEBREIRO do 2024

Comezamos unha nova emisión do "Galegos no BAIX" de cada xoves, coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas, un bocadiño de música e dámoslle a benvida ao primeiro convidado: FRAN de Arte - Lixo en Redondela. Agradecémoslle a súa participación no programa. Fainos partícipe da proposta que cada ano teñen previsto realizar en Redondela con motivo desta celebración Arte-Lixo que consiste en recoller a maior pare de restos para convertilos en arte espallado polas rúas de Redondela. Este ano o tema elexido está moi relacionado coa Problemática Ambiental da Industria do Téxtil. As datas deste ano son dende o 13 ata o 20 de abril. Desexamos que teñan moito éxito.

Hector e Xosé Alvarez Díaz
A segunda intervención é a de HECTOR ÁLVAREZ DÍAZ, un adegueiro propietario, xunto con seu irmán Xosé, da Adega "A Señora", nome primitivo da súa casa onde naceron, en Coea. Estes dous irmáns recuperaron algunhas viñas que tiñan, e replantaron algunhas cepas, xunto con algúns inxertos en cepas de moita antigüidade, e a partir deste ano dos mil vintecatro xa comezaron a comercializar ese viño con IXP das Terras do Navia. Tamén se dedica á extracción de mel. Os interesados deben poñerse en contcto con eles no teléfono: 646 136 014. Aínda non teñen actualizada a súa páxina de Internet, pero todo chegará. Seguiremos a súa andaina.

Continuamos a programación e falamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? é unha recolleita de informacións que nos explica cos seus "Me ghustan e Desghústanme", moi acaídos. Tamén nos envía unha recomendación aos oíntes e seguidores para que esta fin de semana se acheguen á localidade de Arzúa, xa que esta fin de semana será a celebración da "49 Festa do Queixo de Arzúa 2024". do 1 ao 3 de marzo, cun programa moi extenso, que comprende exposición, concurso e venta de queixo, festival musical e concertos... etcétera.

Gisela
Entrevistamos a GISELA RODRÍGUEZ, Directora do Grupo de Teatro de aficcionados "Anduriña", da nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro. O motivo da conversa é que nos fale da próxima posta en escea da obra adaptada que leva por título: "Cinderela e os postres de El Rei". Unha adaptación do texto de Nunila López (grupo de teatro Seliña). Explícanos que non quere desvelar o entramado da obra, pero ten que ver moito coa reivindicación de liberdade feminina. Tódolos interesados deberán pasar a recoller as entradas (gratuitas) á Sé da Asociación na rúa Federico Soler de Cornellà. A representación será no Auditorio de San Ildefonso o vindeiro domingo día 16 de marzo, a partir das 18h. Desexamos que sexa todo un exito de interpretación e de audiencia, cun cheo completo.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 22 de febrero de 2024

XOVES 22 de FEBREIRO do 2024

Adelino
Un xoves máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en galego, con música, entrevistas e noticias dende Galicia. Despois da nosa Sintonía, das salutacións axeitadas e un bocadiño de música, conectamos co noso primeiro convidado: DON ADELINO PÉREZ GIL, Presidente da D.O.Bierzo, e xerente das Adegas Adriá. Coméntanos unha serie de eventos e noticias relacionadas co Consello Regulador da D.O.Bierzo, da asistencia á celebración en Barcelona no Barcelona Wine Week, colaboración coa Universidade de León, en Ponferrada... Tamén nos fala un chisco da súa bodega, da súa páxina web que poden consultar para mercar algún dos seus productos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Agus
A seguinte conversa é con AGUS BARANDIARÁN, do Grupo de Música Folk "KORRONTZI", en Euskadi. Escoitamos primeiro unha das súas pezas do ultimo Libro-Cd, que virán a presentar ao CAT, Centre Artesá Tradicionaarius de Gracia, o día 1 de marzo, para un Concerto que celebra o seu 20 aniversario. Felicitámolo, dámoslle os nosos parabens por tal acontecemento. Comentamos algunhas cousas interesantes do Concerto e de que tamén haberá sorpresas moi interesantes, así como que terán a presencia do grande músico "Kepa Junquera", que estará asinando o seu ultimo traballo á entrada o espectáculo. Un grande acontecemento que será unha "romería", tal e como el mesmo nos adianta. Desexamos que teñan moito éxito.

A segunda hora comezámola conectando con Galicia, concretamente co noso correspondente na capital da Ribeira Sacr. Monforte de Lemos: XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre nos fai partícipe da súa crónica, cos seus "Me ghustan e Desghústanme" sempre moi acaídos e que refrexan a súa escolla das noticias e aconteceres na nosa Galicia. Finaliza coas súas anotacións persoais da "libretiña pequena".

Quico Cadaval
E por último recibimos ao grande Contador e Contacontos galego, don QUICO CADAVAL, Actor, Director, Adaptador Teatral, Impulsor do movimento de radioteatros en Galicia nos anos noventa. Agradecémoslle que nos atenda. Felicitámolo porque está desenvolvendo e realizando unha morea de actividades, entre as que resalta a súa faceta como Director Teatral, concretamente a posta en escea da obra de Vicente Risco "O Porco de pé", que está tendo unha resposta de público excelente. Felicitámolo pola súa intervención na Radio Nacional con Pepa Fernández, no seu programa "No es un día cualquiera" dos fins de semana. Unha verdadeira honra para nosoutros a súa particpacióm no noso programa. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana.

 

Deixamos aquí o programa enteiro.

jueves, 15 de febrero de 2024

XOVES 15 de FEBREIRO Do 2024

Oli Xiráldez
Outro xoves máis con todos vosoutros, para ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego. Hoxe con visita incluída, en directo e en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois da nosa sintonía, as salutacións e ben-vinda, ofrecémoslles escoitar a Alborada de Rosalía interpretada por Oli Xiráldez e Chuco Estévez, para recibir precisamente a OLI XIRÁLDEZ, Luthier de Gaitas e Frautas Galegas. Felicitámolo porque está elixido para representar a Galicia nunha exposición de artesáns de instrumentos musicais en Coimbra (Portugal). Aproveitamos para falar do seu taller, dos instrumentos que fabrica, da súa implicación e participación na Asociación de Gaiteiros de Galicia, como Vicepresidente. Convídanos a que participemos no grande evento que esa Asociación realiza cada ano en Guitiriz. Tamén temos tempo para falar da colaboración, dende fai trece anos, que teñen coa "Casa de Rosalía" en Padrón. Unha honra telo na nosa emisión. Desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

Manuel Suárez
A continuación poñémonos en contacto con MANUEL SUÁREZ SUÁREZ, doutor en Dereito e Ciencias Sociais, que foi Secretario do Patronato da Cultura Galega en Uruguay. Cóntanos ese suceso que lle aconteceu cando tiña cinco anos en Baio. Estaba xogando cun amigo e compañeiro nun lugariño perto do monte, cando foi atacado por unha loba que o feriu gravemente, e que foi rescatado polo seu padrin, aínda que con algo de inquedanza, porque a loba tratara de escondelo entre unhas pedras. Despois das vicisitudes que sofriu, porque tivo que ser trasladado a Santiago de Compostela para curalo e facerlle unha transfusión de sangue, a súa inquedanza estaba nos aconteceres posteriores, xa que a xente quería interesarse pola circunstanciaa acontecida e incomodábase e case se agobiaba con tanta pregunta. Falamos tamén da súa estancia en Uruguay e da súa experiencia e relación con grandes persoeiros da nosa Cultura Galega en Montevideo. Deixamos para outra ocasión a súa faceta como representante en Galicia da Fundación "Carlos Gardel" e da Academia Nacional do Tango en Uruguay. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Falamos agora coa escritora e poeta FINA TIZÓN FRAGA, que nos ven a presentar o seu último libro de relatos: "CÍRCULO DE VIDAS". Coméntanos cómo foi o traballo de confección e creación dese libro de relatos escrito en castelán e galego. Agasállanos coa lectura dun deles, en galego. O libro está accesible para todo o público que desexa adquirilo poñéndose en contacto con ela polo messenger ou na súa propia páxina. Aínda non tivo tempo para presentalo públicamente, por eso lle agradecemos a súa presentación nesta nosa humilde emisión radiofónica. Desexamos que teña moito éxito.

Pablo Deiros
Escoitamos a peza titulada: "Dime que volverás" que está interpretada por PABLO DEIROS DÍAZ, un rapaz de Becerreá, que está estudiando Administración de Empresas e que compaxina os estudos con traballos de DJ en discotecas de Lugo e outras cidades, como Vigo, Madrid e outras. Ten feito algúns concertos en diversos locais, e pódese dicir que é un autodidacta casi completo, xa que ademais de compoñer e cantar tamén toca o piano, a guitarra e a batería... Agradecémoslle a súa participación de hoxe no programa e desexámoslle que teña moito éxito na súa andaina musical, e despedímolo coa súa propia canción.

Despedímonos ate o vindeiro xoves e deixamos aquí o programa enteiro.

jueves, 8 de febrero de 2024

XOVES 8 de FEBREIRO DO 2024

Comezamos outra emisión do noso programa coa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e escoitamos unha peza de música do escritor e músico FRANCISCO CASTRO, a quen chamamos para que nos poña ao corrente da súa nova andaina, despois de deixar a súa responsabilidade na Editorial Galaxia. Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámolo por ese primeiro CD que acaba de publicar. Cóntanos algunhas cousas interesantes relacionadas co seu quefacer diário e das propostas e proxectos que ten previstos. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

A seguinte intervención é con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos presenta ao Ilmo.Sr.Alcalde de Corullón, don LUIS ALBERTO ARIAS, Concello elexido para homenaxear este ano no "XX Festival del Botillo 2024, en Cataluña". Comentamos algunhas cousas interesantes relacionadas con ese Concello, ao que nos convida visitar o Sr. Alcalde. Son productores de castañas e tamén de viño e de cereixas. Un pobo Berciano que paga a pena coñecer e que a súa Concelleira de Cultura, dona Consuelo López Pérez virá a recoller ese galardón en nome do Sr. Alcalde.
 

Continuamos o programa poñéndonos en contacto con LUCIANO PÉREZ, mestre artesán no Obradoiro de Instrumentos tradiconais na Deputación de Lugo. Estivo na inauguración da exposición que aínda está na Biblioteca da Universidade de Barcelona. Fálanos da confección dos instrumentos, dos proxectos tan interesantes que están a realizarse no Obradoiro da Deputación e tamén nos anuncia que estará, novamente na Universidade de Barcelona o vindeiro día 21, para visitas guiadas na exposición dos Instrumentos na universidade. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despois de escoitar outra peza de música conectamos con ROCÍO CASTRO, da Fundación Rosalía de Castro, a Casa de Rosalía en Padrón. O motivo da entrevista-conversa é para que nos comente o que están a propoñer para o día 23 de febreiro con motivo da celebración do "Día de ROSALÍA",  mediante o Caldo de Gloria. Teñen nada menos que uns sesenta mil manteis de papel para entregar a tódolos que o desexen, poñéndose en contacto coa Fundación na súa páxina rosalia.gal. Tamén nos fala da posibilidade de recoller un agasallo que ofrecen a tódolos que merquen un libro nas librerías Galegas consistente nun libriño que recolle obras de Rosalía. Comentamos que se poden facer "Amigos de Rosalía" cunha pequena aportación anual para a poiar o traballo que están a facer. Agradecémoslle a súa participación no programa.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!

Aquí podedes escoitar o programa enteiro.


jueves, 1 de febrero de 2024

XOVES 1 de FEBREIRO Do 2024

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións para despois ofrecedrlles unha primicia musical que nos envióu "Bieitiño Romero": "Beo-Canto Raibas", que nos sirve para recibir a primeira convidada de hoxe: dona BEGOÑA BLANCO BLANCO, Concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Política Lingüística do Excmo.Concello de Lalín. Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámola pola celebración da "LVI Feira do Cocido de Lalín". Fainos unha pequena descrición das moitas actividades e eventos que se realizan neste evento tan importante que está declarado de Interese Turístico Internacional. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

A segunda intervención é a de dona HORTENSIA BAUTISTA FERNÁNDEZ, de "Chambo-Libris", que nos fala desa Ascicación Cultural sin ánimo de lucro, que ven realizando un labor moi interesante relacionado cos libros e a súa utilización. Teñen un blog onde especifican as actuacións e actividades que veñen realizando, entre as que destacan a presentación delibros, a entrega dos mesmos a outras bibliotecas e persoas con dificultades, os Recitais Poético-Musicais... etcetera. Seguiremos en contacto.

Escoitamos outro bocadiño de música e conectamos co noso correspondente comunicador e viaxeiro incansable, XOAN ARCO DA VELLA, que comenta con nosoutros algúns aspectos das súas publicacións fotográficas do noso patrimonio popular, nesta ocasión moi relacionadas cos cruceiros, cos petos das ánimas, cos muiños do Folón e do Picón, cos fornos comunais... ... unha verdadeira fonte de coñecementos tradicionais e populares moi interesantes.

Continuamos o programa e falamos agora con CARLOTA IGLESIAS, Sumelier do Restaurante "Cabanas" en Lalín, que ven de recibir o Premio Juli Soler ao Talento e Futuro do viño, promovido pola Spanish Wine Academy de Ramón Bilbao.  Felicitámola e dámoslle os nosos parabens por acadar tan prestixioso galardón. Fálanos da súa traxectoria vocacional e persoal, da súa dedicación e traballo nese Restaurante que ela define como familiar, pero cheo de prestixio e de grande sona na contorna. Ofrecen uns menús moi variados con moita calidade e grande diversidade. Augurámoslle moita sorte e moitos éxitos. Voltaremos a conectar con ela cando pase esta tempada do Cocido, que tanta demanda está a ter. Agradecémoslle a súa participación.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa enteiro.