jueves, 22 de febrero de 2024

XOVES 22 de FEBREIRO do 2024

Adelino
Un xoves máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en galego, con música, entrevistas e noticias dende Galicia. Despois da nosa Sintonía, das salutacións axeitadas e un bocadiño de música, conectamos co noso primeiro convidado: DON ADELINO PÉREZ GIL, Presidente da D.O.Bierzo, e xerente das Adegas Adriá. Coméntanos unha serie de eventos e noticias relacionadas co Consello Regulador da D.O.Bierzo, da asistencia á celebración en Barcelona no Barcelona Wine Week, colaboración coa Universidade de León, en Ponferrada... Tamén nos fala un chisco da súa bodega, da súa páxina web que poden consultar para mercar algún dos seus productos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Agus
A seguinte conversa é con AGUS BARANDIARÁN, do Grupo de Música Folk "KORRONTZI", en Euskadi. Escoitamos primeiro unha das súas pezas do ultimo Libro-Cd, que virán a presentar ao CAT, Centre Artesá Tradicionaarius de Gracia, o día 1 de marzo, para un Concerto que celebra o seu 20 aniversario. Felicitámolo, dámoslle os nosos parabens por tal acontecemento. Comentamos algunhas cousas interesantes do Concerto e de que tamén haberá sorpresas moi interesantes, así como que terán a presencia do grande músico "Kepa Junquera", que estará asinando o seu ultimo traballo á entrada o espectáculo. Un grande acontecemento que será unha "romería", tal e como el mesmo nos adianta. Desexamos que teñan moito éxito.

A segunda hora comezámola conectando con Galicia, concretamente co noso correspondente na capital da Ribeira Sacr. Monforte de Lemos: XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre nos fai partícipe da súa crónica, cos seus "Me ghustan e Desghústanme" sempre moi acaídos e que refrexan a súa escolla das noticias e aconteceres na nosa Galicia. Finaliza coas súas anotacións persoais da "libretiña pequena".

Quico Cadaval
E por último recibimos ao grande Contador e Contacontos galego, don QUICO CADAVAL, Actor, Director, Adaptador Teatral, Impulsor do movimento de radioteatros en Galicia nos anos noventa. Agradecémoslle que nos atenda. Felicitámolo porque está desenvolvendo e realizando unha morea de actividades, entre as que resalta a súa faceta como Director Teatral, concretamente a posta en escea da obra de Vicente Risco "O Porco de pé", que está tendo unha resposta de público excelente. Felicitámolo pola súa intervención na Radio Nacional con Pepa Fernández, no seu programa "No es un día cualquiera" dos fins de semana. Unha verdadeira honra para nosoutros a súa particpacióm no noso programa. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana.

 

Deixamos aquí o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario