jueves, 5 de marzo de 2026

XOVES 5 de MARZO do 2026

Comezamos outra emisión do "Galegos no BAIX" de cada xoves. primeiro a nosa sintonía, as salutacións oportunas disculpando ao noso compañeiro ARMANDO Fernández, que se atopa algo indisposto, e desexamos que pronto se recupere. Propoñemos a escoita dunha peciña musical, para recibir á primeira convidada: ROSALÍA GT, artista interdisciplinar e escritora, que virá a Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà o vindeiro sábado para presentar un seu libro que leva por título: "Unha pedra no zapato". Coméntanos que non desexa que a súa presentación sexa un acto demasiado serio e académico, senón que propón unha aposta pola participación e un "faladoiro" para cambiar impresións a partir dunha pequena lectura que desexa comentar cos asistentes. Esta será unha parte da celebración do "Día da Dona" na Asociación, que contará, tamén coa participación das nosas "Rosalieiras" para amenizar musicalmente ese acto e despois teremos a degustación das aportacións culinarias que ofrecen as donas. Desexamos que teña moito éxito, e que disfrute dese acto tan entrañable.


A seguinte convidade é MARÍA FERNANDA LÓPEZ MARIN, Enxeñeira química que foi unha voluntaria que participou na construción e posta en marcha da Ruta "Quintá-Rio Donsal". Coméntanos que se sinto moi honrada en compartir e participar nese traballo, posto que o recoñecemento do PR-G 159, como Sendeiro Azul 2026, serve para valorar o territorio e o traballo colectivo que se desenvolveu durante varios anos desinteresadamente, con máis de cen voluntarios de diversos países de todo o mundo. Ela coincidíu cun chino e con dous italianos. Mañá, día 6, recollerá, xunto co Presidente da "Asociación Castaño e Nogal" (impulsaora do Sendeiro), don Antonio Álvarez, no castelo de Cullera, esta distinción. Parabenizámola, pola parte que lle toca e desexamos que siga colleitando moitos éxitos na súa traxectoria e na súa faceta profisional.

Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou?


Falamos con LAURA PRADO, da Asociación Amas de Casa de Mazaricos. Parabenizámola polo éxito que acadaron a semana pasada na celebración da "XXVII Festa do Bolo do Pote", na que repartiron máis de duas mil racións. Tiveron un tempo agradable e por eso a asistencia foi abondosa. Seica a degustación moi celebrada porque segundo os comensais estaba delicioso. Coméntanos algunha cousiña máis, relacionada precisamente coa ASociación, que non só traballan elaborando ese Bolo do Pote, senón que tamén achagáronse á Casa de Rosalía, en Padrón para compartilo con eles. Tamén celebran outras moitas actividades, entre as que salienta as clases de música e danza, e as excursións con guía incluido. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación de hoxe.

Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora. O "bulo" que tentou colarnos o noso corresponente era o que se relacionaba co posible Premio á sección Quen che Preguntou? Desexamos que teñan unha Feliz Semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro