Despois duns días de vacacións con motivo das festas do Nadal, Fin de Ano, Aninovo e Reises, comezamos un novo programa de radio en galego para continuar coa mesma teima de espallar a nosa cultura neste entorno no que nos atopamos, e na que nos sentimos tan ben recibidos e respetados.
A primeira comunicación da tarde volve a ser, como cada semana, co noso colaborador e correspondente XOSE M.MONTES, que dende a capital da Ribeira Sacra (Monforte) achéganos a súa particular escolla de comunicacións e novidades, que están a suceder por aqueles lares talegos.
Na segunda parte do programa conectamos con ANTÓN VARELA, un GAITEIRO-Luthier e Mestre de moitos alumnos desexosos de aprender a tocar a gaita e moi coñecedor deste instrumento tradicional galego. A conversa con el sérvenos para coñecelo un chisco máis e prometémonos volver a chamalo para poder aprender moitas cousas máis, que no pouco tempo que estivemos a falar con non nos chegou para asimila-lo todo.
A vindeira semana voltaremos, e desexamos que volvan a escoitarnos, e se desexan participar con nosoutros estaremos encantados de recibir as súas propostas e poñelas en práctica, se non son moi difíciles e nos é posible.
¡¡¡ Que pasen unha semana moi ditosa !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario