Comezamos esta semana dándolle a ben-vida a Xulio Couxil, que na semana pasada non puido estar con nosoutros e deseguida encetamos a sección ¿Quen che preguntou? conectando directamente coa "capital" da Ribeira Sacra (Monforte), para falarmos co noso corresponden Xosé Manuel F.Montes, como é habitual. A nosa conversa-comunicación con el, é sempre moi relevante e chea de interese. Sempre atopa novidades e informacións atraíntes e cunha certa chispa de humor retranqueiro. Agradecémosllo moi encarecidamente e despedímonos coas súas "sentencias semanais".
Na segunda parte do programa falamos con CARME, a xerente e dona da Casa Rural XANELA DA LÚA, en Lira (A Coruña) que nos pon ao corrente das moitas posibilidades e ofertas das que se poden aproveitar os nosos oíntes e seguidores. A estancia na súa vivenda rural pódese acompañar cunha degustación especial de inverno: o cocido galego por excelencia. Unha proposta moi axeitada para este tempo e paga a pena aproveitala.
A vindeira semana voltaremos con máis noticias e máis novidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario