Mari Luz e LOLA do Manai sea ela |
Neste día de San ISIDRO, dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores cunha peza de música de María do Ceo e deseguida conectamos con Galicia, concretamente con "A Fonsagrada"para falarmos con dona LOLA Niño, compoñente da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, desa localidad, que ademáis é propietaria do Bar-Café-Restaurante: , MANAIA SEA ELA. Agradecémoslle a súa amable atención e manteemos unha pequena conversa-entrevista ches de engado. Fálanos das shas especialidades e servicios de atención, así como das tapas, bocadillos e menú, que sirven no seu local, e convida a tódolos oíntes e seguidores que pasen por Fonsagrada e paren a degustar as súas "Manaias".
Danos tempo de "facer unha voltiña" pola celebración do "Día das Letras Galegas 2014" adicado a Xosé María Díaz Catro, o poeta chairego autor de "NIMBOS" e falamos dos actos previstos en Lugo.
Na segunda hora comezamos a nos a intervención coa conexión e participación do noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte) XOSE M.F. MONTES, que como cada semana, nos ten preparada a súa intervención nesta sección QUEN CHE PREGUNTOU?.
A ultima conversa-entrevista é con BIEITO ROMERO, do Grupo LUAR NA LUBRE, que nos pon ao corrente das vindeiras actuacións e do extraordinario espectcáculo que estan a preparar para o vindeiro día 21 e 22 de XUÑO, no Palacio da Ópera de A Coruña, que levará por título TORRE DE BREOGÁN - A luz dos Milésians, unha Sinfónica Céltica de Luar na Lubre coa Orquestra Sinfónica de Galicia. A verdade é que Bieito fainos apreciar, si cabe, un bocado máis a nosa música tradiciona, non só polo traballo que está a facer senón tamén pola dedicación e as súas verbas engaiolantes. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa e prometémonos voltar a incomodalo para felicitalo polos vindeiros éxitos que seguro seguirán colleitando.
Despedímonos ate o vindeiro xoves. Non deixen de sintonizarnos. ¡¡¡ Graciñas a todos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario