jueves, 8 de mayo de 2014

Emisión de hoxe: 08 de MAIO do 2014

Unha semaniña máis con todos vosoutros para tentar levar adiante este programiña en galego, para todos vostedes. En primeiro lugar conectamos con San Antolín de Ibias (As gurias) para falarmos cun grande coñecedor da realidade natural e social da zona: JAIME, periodista e guionista-productor dun traballo que está a preparar para dar a coñecer a realidade daquela zona, titulado ESCOMBROS, e que todos podedes acceder a el en Internet, e aproveitar a ocasión para facervos "mecenas" e partícipes deste traballo tan interesante.

Despois, unhas poucas novidades e informacións varias.

Na segunda hora comunicámonos coas Rías Baixas, concretamente con MOAÑA, para falarmos con MAIKA, unha experta coñecedora dos mexilóns galegos e conversamos con ela sobre outras moitas cousas relacionadas coa súa actividade no Concello. Convídanos a que pasemos por Moaña para coñecer máis polo miúdo este concello Pontevedrés, que ten moito que saborear e moito que ver.

A entrevista-conversa final é coa señora MARINA, da Panadería.Pastelería Linares, na Pontenova (Lugo), que nos fai un percorrido moi interesante do seu establecemento e achéganos as especialidades e demandas que teñen alí. Agradecémoslle a súa amable atención e participación e prometémonos volver a comunicarnos con eles para que nos sigan dando novedades.


Lembren que este programa reemítese os domingos de unha a tres do mediodía. Agardámosvos a vindeira semana, á mesma hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario