jueves, 9 de abril de 2015

XOVES 9 de ABRIL do 2015

Comezamos a emisión de hoxe propoñéndolles a escoita dunha peza do ultimo CD da nosa amiga SES: "Tronzar os Valos", para despois conectar con Galicia e falarmos con XURXO GONZÁLEZ, Director do Proxecto Socheo, en A Guarda, que nos fai unha pormenorizada exposición informativa relacionada co proxecto mencionado e co achádego das Películas dos anos 30 do "Costiña". unha conversa moi interesante.


Despois chamamos a Lugo para falarmos con don XOSÉ MARÍA ALVAREZ VILABRILLE, Director Comercial do xornal "O Progreso" de Lugo, con quen mantemos unha conversa-entrevista relacionada coa súa actividade e aproveita para darnos unha visión xeral das ofertas visitantes da provincia de Lugo así como de otros asuntos. Agradecémoslle a súa aportación.


Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, e como cada semana falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSE M.F.MONTES, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU?, que sempre escolle cousas interesantes para os nosos oíntes e seguidores. Non pode faltar, na súa intervención, a "retranca".


Os últimos minutos dedicámolos a falar con ALVARO VILLASANTE, Chef do Restaurante PAPRICA, a quen felicitamos por ter acadado recentemente o Premio do Público pola súa receita de Tapa, a nivel Autonómico: Pescada de Celeiro con bocabits de luriña e xeado de tomate. A entrevista-conversa está relacionada coa gastronomía e moi concretamente coa súa actividade no establecemento que rexenta. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos para voltar a falar con el desexándolle que siga colleitando éxitos.


A videira semana máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario