jueves, 26 de marzo de 2015

Xoves 26 de MARZO do 2015

Unha semaniña máis tentando entreter á nosa audiencia con esta proposta de radio en galego, con música, entrevistas, conversas, impresións e noticias da nosa comunidade: Galicia.
A primeira comunicación é con CHECHE REAL, Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo e coa Delegada desta Asociación na zona sur de Lugo, dona BEATRIZ VILA FREIRE. Unha conversa moi interesante, chea de información e novidades. Agradecémoslles a súa aportación e prometémonos voltar a falar con eles para que nos sigan informando das súas inquedanzas.

A seguinte comunicación-entrevista é con FERNANDO RIAL DOMÍNGUEZ, escritor e creativo artístico, co que mantemos unha conversa arredor das súas produccións, e moi particularmente falando do seu libro: Tiempos anaranjados. Tamén falamos da súa próxima exposición de pintura que ten previsto realizar na Aula da Xuventude en Moaña.


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) para falarmos co noso correspondente Xosé M.F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que sempre ten preparadas unha serie de noticias e informacións acompañadas da súa retranca particular, para amenizar a súa intervención.


A última conversa é co Sr.XESÚS, da Panadería - Pastelería LINARES, de A Pontenova (Lugo) que nos fala do seu establecemento e das moitas e boas viandas que se preparan no seu obradoiro e que reparte polas aldeas e pobos do arredor. Desexámoslle moitos éxitos e despedímonos de todos cos desexos de que sigan sintonizándonos ate o vindeiro día 9 de ABRIL, que voltaremos a ofrecerlles outro programa máis. 


¡ Que teñan unhas FELICES PASCUAS !

No hay comentarios:

Publicar un comentario