No programa de hoxe conectamos con OSCAR SOUTO de Radio Roncudo, para falarmos da súa experiencia creadora poética e da comunicación no seu programa "O NOSO XEITO", que tantos éxitos está a acadar. Felicitámolo e comprometémonos a voltar a falar con el en vindeiras ocasións.
Aproveitamos para comentar algunhas noticias musicais chegadas á nosa Redacción: Publicación da Editorial OUVIRMOS un CD-Libro: "Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense 1918" , adicado ás primeiras gravacións lucenses... ...
Na segunda hora comezamos coa acostumada comunicación do noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QEN CHE PREGUNTOU? e fainos un percorrido polas noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores.
A terceira comunicación é coa nosa amiga e Cantautora MARÍA XOSÉ SILVAR "SES", que acaba de gravar o seu ultimo trabajo musical: TRONZAR OS VALOS. Mándanos, en primicia, un primero avance do que escoitaremos e teremos no prelo a partir do día 17 deste mesmo mes de marzo. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante e chea de engado. Felicitámola e desexámoslle motísimos éxitos na presentación que fará próximamente en Vigo.
A vindeira semana máis.
Agaradámovos a tod@s.
Non deixedes de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario