jueves, 15 de octubre de 2015

XOVES 15 de OUTUBRO do 2015

Comezamos o programa conectando con don JUAN PRIETO, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, que ademais de informarnos das diferentes actividades e actuacións que veñen realizando convídanos a participar na "19 FESTA da EMPANADA e do ROSCÓN" da Entidade, que se celebrará o próximo sábado día 17, e a que asistamos á "76 FEIRA do POLBO" en AGARIMOS, o vindeiro domingo día 18.


Falamos con don UBALDO, do Restaurante "LOS ANCARES", na rúa Robrenyo, 74-76, que nos informa da realización dun xantar de convívio que realizan cada mes e que nesta ocasión estará dedicado ao chuletón (de Galicia, por suposto). A maioría dos asistentes a este evento, son persoas procedentes daquelas terras dos Ancares lucenses.


Despois conectamos novamente con Galicia, concretamente con LUGO, para falar con OSCAR PÉREZ, Gaiteiro responsable e fundador do Grupo de Gaitas "OS XÍLGAROS" (de Lugo), que últimamente están a ter bastante relevancia nas súas actuacións.


Na segunda hora, coma cada semana, conectamos co noso corespondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos fai un percorrido de actualidade social e cultural pola nosa Galicia.


Finalizamos coa entrevista a dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da (APEHL)Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería da Zona Sur de Lugo, con quen mantemos unha agradable conversa relacionada cos acontecementos que alí se realizan e as propostas de visitas e percorridos culturais e turísticos que podemos atopar pola Ribeira Sacra.


A semana que ven, voltaremos. Con máis noticias e entrevistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario