viernes, 9 de octubre de 2015

XOVES 8 de OUTUBRO do 2015

Comezamos o programa conectando con ABEL HORTA, o noso encargado do Deporte Galego, que nos pon ao corrente das novidades deportivas e de cómo seguen os equipos de futbol galegos, de Primeira e segunda división.


A segunda conexión é con JOSÉ LUÍS MUÑOZ COSTA, Cocinero do Restaurante "O CHANTO" en Sàrria, que nos fala das súa traxectoria profesional e persoal. Agradecémosllelo e prometémonos voltar a conectar en vindeiras datas.


Na segunda hora, como cada semana abrimos os micros para o apartado QUEN CHE PREGUNTOU? que leva adiante o noso correspondente na Ribeira SACRA, Xosé M F.MONTES, para compartir connosco as "Súas noticias" que remata coa ilustración publicada no facebook.


Depois falamos con CARMEN PENIN, de "2 NA FRONTEIRA", coa que comentamos o agasallo que nos acaba de facer enviándonos, "en exclusiva" para tódolos nosos oíntes e seguidores, o seu ultimo traballo discográfico: "SONS de NÓS". Este CD presentarase próximamente o día 30 de OUTUBRO no Liceo de Ourense. Sentímonos moi ledos e agradecidos e faremos o posible por darlle difusión a este novo traballo, pero aos poucos, ate que non se publique oficialmente en Ourense.


E despedímonos escoitando, precisamente, un chisco desa boa música, e que compartiremos con todos.
Ate a vindeira semana, que prometemos volver e con máis novidades e algunha que outra sorpresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario