No programa de hoxe non contamos coa presencia de Xulio, nos estudos. Comezamos dándolles a benvida e ofrecéndolles escoitar unha peza de música galega, coma sempre. Precisamente a primeira comunicación é con X.Couxil para que nos fale un chisco das "súas cousas", que non son máis que resaltar os sucesos desta semana así como as actividades que están previstas.
Comunicase agora con CARMEN PICHEL, que se define como COSTUREIRA, aínda que é máis coñecida por ser unha Grande da MODA GALEGA, en Boqueixón, e fálanos con moita profesionalidade desa súa faceta creadora e dos seus proxectos.
Na segunda hora, conectamos con Xosé Manuel F.Montes, na capital da Ribeira Sacra (Monforte), para falar da súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e poñernos ao días das novidades que el mesmo recolle, e que encerran un chisco de curiosidade especial. Dese xeito ao rematar a súa intervención sempre nos agasalla coa creación dunha "viñeta" alusiva a algunha das noticias comentadas, que nós compartimos con todos vostedes neste blog.
Despois falamos con don ANGEL VILLADA responsable da X Feira do Ferro que se celebrará esta fin de semana en RIOTORTO, e tamén co señor Alcalde, don CLEMENTE IGLESIAS, que nos informan sobre os actos e outras interesantes novidades relacionadas con esa celebración.
Despedímonos desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario