jueves, 6 de abril de 2017

XOVES 06 de ABRIL do 2017

Un programiña máis en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, tentando entretelos coa nosa proposta de entrevistas, música e novidades interesantes. Comezamos conectando con Galicia para poder falar co Ilmo.Sr.Alcalde de QUIROGA, don Julio Álvarez, que moi amablemente nos atende e fálanos da XXXV Feira do Viño de Quiroga, na que se realizarán unha serie de actividades relacionadas con este evento de grande resonancia na contorna.

Despois chamamos a IVAN ESTÉVEZ, Presidente do Grupo de música SON DO SIL, que veñen de presentar o seu segundo CD que leva por título "10 años contigo". Xa levan feito varias actuacións e concertos en localidades cercanas ao seu emplazamento (Barco de Valdeorras). Nesta localidade é onde se reúnen periódicamente para ensaiar baixo a dirección de don MODESTO BLANCO, que fai os arranxos e prepara as intervencións musicais de tódolos seus compoñentes. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslles moitos éxitos.

A segunda hora, coma sempre, chamamos á capital da Ribeira Sacra para manter a conexión co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre ten escollidas unha serie de informacións e interesantes novidades para tód@s. Debido a certas causas alleas á súa vontade, non pode dispoñer de Internet e telefonía fixa, así que é posible que non poidamos recibir a súa acostumada aportación creativa ou viñeta semanal. Desexámoslle que teña unhas Felices Pascuas e unha boa Semana Santa.

A última conversa-entrevista é con don ARMANDO REQUEIXO, Profesor, Licenciado en Lingua Galega e Portuguesa, escritor e Crítico Literario galego de grande prestixio. A conversa convértese nunha lección descritiva da súa tarefa principal, que é a critica literaria galega. Un pracer poder recibir ensinanzas gratuitas dun grande da nosa cultura literaria galega. Concertamos que teremos que voltar a falar con el para que nos siga deleitando e ensinando moitas cousas do noso "seny" galego. Moitas grazas e apertas saudosas Armando.

Desexámoslle a tódolos nosos oíntes e seguidores que disfruten deste descanso da Semana Santa e que volvan a sintonizarnos novamente dentro de 15 días, que prometemos continuar con esta nosa teima de comunicar as nosas inquedanzas, e en galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario