jueves, 20 de abril de 2017

XOVES. 20 de ABRIL do 2017

Comezamos o programa, despois do descanso da Semana Santa, coa primeira comunicación-entrevista ao compoñente de "RADIO COS", XURXO Fernándes, que nos pon ao corrente do seu ultimo traballo: "Pasatempo" e aproveita para darnos información das vindieras actuacións e concertos que teñen previsto realizar próximamente. Agradecémoslle a súa aportación.

Marmeladas de CAURELOR
A segunda conversa.agradecemento é para con DANIEL ARZA, de "Caurelor". Temos que felicitalo polo traballo que están a facer na elaboración deses productos tan exquisitos e tamén darlle-las grazas polo agasallo que acabamos de recibir nos estudos e que compartiremos co equipo de Radio Sant Boi. Aquí tedes unha mostra dese presente que nos chegou. Unha mostra dalgúns dos seus productos exquisitos: Marmeladas de diversas, de figos, de cabaza, de prexego, crema de castañas e un suculento envasado de castañas cocidas con chourizo e algún ingredente máis. ¡Grazas! E deseguido falamos con DAVIDE RODRIGUEZ, que é un dos responsables encargados de organizar o "IV Serán da vila de MANZANEDA", que nos atende moi amablemente e infórmanos das diferentes actividades previstas para esta próxima fin de semana.


Novamente regresamos a Galicia, concretamente a Navia de Suarna, para entrevistar a EVA XANIM, unha poeta moi xoven, que nos recibe moi amablemente e fálanos da súa traxectoria creativa e dos porxectos que ten previsto realizar.


A ultima conversa-entrevista é con GUILLERMO Fernández da A.C.Xirandela, en Torrejón de Ardoz - Madrid. Infórmanos das diferentes actividades que veñen realizando e das que teñen previsto levar adiante nestes próximos meses. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


A vindeira semana voltaremos, á mesma hora e con máis novidades. Agardamos que voltedes a sintonizarnos. Xa sabedes que este programa reemítese os domingos de 15 á 17horas.

1 comentario: