jueves, 22 de marzo de 2018

XOVES 22 de MARZO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia para falar con Xurxo, Presidente da Asociación de Gaiteiros de Galicia, que se atopa en Arzúa, e como organizador da "Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna" que se celebrará nesa localidade o día 14 de ABRIL. Agradecémoslle a súa colaboración.

A segunda entrevista-conversa é con don FELICÍSIMO PEREIRA, Adegueiro e Enólogo na D.O.Ribeiro, que foi Presidente desa Denominación e que nos axuda a descubrir cómo teñen preparada a "55 Festa do Viño de Ribeiro" e tamén aproveitamos para que nos dea uns pequenos apuntes relacionados coa colleita do ano pasado e tamén das súas Adegas. Comprometémonos a voltar a falar con el en vindeiras datas.

Continuamos coa emisión, dsiculpando a non participación do noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección Quen che Preguntou?, pois ten certas obrigas persoais que atender. Aproveitamos pois para conversar con ALBERTE MONTES, Monologuista de prestixio galego-catalán. Fálanos da súa participación na Seire televisiva "FARIÑA", e tamén aproveita para comentarnos detalles da mesma.

Falamos despois con don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober, que nos pon ao corrente da celebración da "XXXVIII Feira do Viño de AMANDI", que este ano ten como pregoeira a Cristina Pato.


A ultima intervención-conversa é con ARNAU, da Casa Rural ASUMPTA, de Arzúa, que nos fala das excelencias desa vivenda Rural, dos cuartos, do lugar, da gastronomía que se sirve no seu Restaurante...


Despedímonos ate o próximo xoves, despois da Semana Santa. Desexamos que pasen unha felices festas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario