jueves, 5 de abril de 2018

XOVES 5 de ABRIL do 2018

Comezamos o programa, despois do descanso das Festas de Semana Santa, con ánimos de ofrecerlles un programiña cheo de interese para todos vosoutros. A primeira intervención-entrevista é con don FRANCISCO NARLA, escritor e comandante de linea aérea, que acaba de publicar a súa ultima obra: LAÍN. EL BASTARDO. Unha novela histórica que está chea de intriga. Ponnos ao corrente dese seu traballo, con moita investigación e documentación para poñer en valor a figura do noso Trovador Galego Martín Codax. Fainos coller interese para poder mercala e lela. Avánzanos que estará na grande festa do libro do día 23 de Abril en Barcelona, asinando as súas obras. ¡Grazas!

A continuación conectamos novamente con Galicia para falar con dona CRUZ LÓPEZ, de Embutidos Lalinense, coa que mantemos unha moi interesante conversa relacionada cos productos que elaboran nesa Empresa que está a cumplir nada menos que 70 anos de existencia. Agradecémoslle a súa amable atención.

Na segunda hora damos paso á intervención do noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que coma sempre fainos un percorrido polos seus Me Ghustan e Non me ghustan, aproveitando algunhas das noticias máis destacadas e escollidas para os nosos oíntes e seguidores.


Antes de finalizar falamos con dona MARINA MARIA DOUTÓN, Concelleira de Cultura de Monforte de Lemos, que nos fala da recente celebración da XVI FEIRA Medieval que veñen de realizar os días 31 de Marzo e 1 de Abril pasados. Un grande éxito de asistencia e participación.

E acabamos desexando que pasen unha feliz semana, pero recomendándolles que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario