Comenzamos o programa conectando con Oliverio Fernández, do "Grupo de Montaña La Peñuca", que veñen de realizar una andaina que percorre varios Concellos por donde transcorre o río Navia. Aínda non está recoñecida oficialmente, pero ao parecer ten motivos visos de que nun tempo prudencial se poña en marcha. Seguiremos atentamente os acontecementos.
Despois conectamos con Galicia, concretamente con Xosé Manuel, coordinador da "XXVII Festa da Filloa" de Moimenta - Cospeito, para que nos fale dese acontecemento tan interesante, relacionado coa nosa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa atención.
Seguimos coas conexión e nesta ocasión poñémonos en contacto con XURXO ISLA, un dos organizadores da "XI Andaina Gastronómica dos Fornos de CELAVENTE - O Bolo". Fainos un percorrido mol pormenorizado de cómo se desenvolverá esta actividad que xa leva once anos de celebración e que tanto éxito está acadando últimamente.
<
Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para escoitar a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" para acabar cunha anécdota que fai referencia a unha noticia moi curiosa e que se fixo "trending topic" nas redes sociais.Precisamente, aproveitando esa curiosidade envíanos a sea creación en forma de viñeta, alusiva a este caso. Aquí a tedes.
E para finalizar conectamos novamente con Galicia, neste caso con Santiago de Compostela para que nos poña ao corriente das súas creacións literarias e máis propiamente poéticas, dona ROSALÍA MORLÁN, que ademais agasállanos coa declamación de dúas poesías da súa autoría, claro.
Despedímonos ate a vindeira semana.