Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe comezamos conectando con don GUILLERMO SUÁREZ, do Hotel Restaurante Pulpería "A ESCOLA" en Navia de Suarna. Coméntanos cómo se instalaron nese edificio restaurado e fálanos do que ofrecen aos seus clientes.
A segunda conversa-entrevista é con LUÍS CHAPELA BERMÚDEZ, un poeta veciño e autor moañés, autor de varios libros de poemas, como "Sendeiros" que vai pola súa 3ª Edición, e tamén dun libro de relatos: "A Calor da Lareira". Agasállanos coa lectura dun dos seus poemas inéditos que publicará proximamente. Agradecémoslle a súa participación.
Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con CARMEN PENIM, a nosa amiga Profesora e Cantautora que segue a presentar o seu ultimo traballo "Herdeiras". Fálanos das ultimas actuacións e lugares nos que a teñen convidado a participar, así como dos proxectos e previsións de actuacións e outras cousas moi interesantes. Desexámoslle ¡Moitos éxitos!
A seguir falamos con don XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, eminente intelectual galego que foi condecorado coa Medalla Castelao, Segredario da Asociación de Amigos do Couto Mixto, Presidente do Foro Enrique Peinador... ... Infórmanos da próxima celebración do nomeamento de Xuíces de Honra do Couto Mixto, que este ano cumple 150 anos... e como temos pouco tempo prometémonos voltar a chamalo para que nos fale doutros asuntos moi interesantes sobre o noso idioma, sobre a Fundación Lois Peña Novo, sobre a Fundación Galicia Empresa... e moitas cousas máis.
A vindeira semana voltaremos. Non deixen de sintonizarnos e que pasen unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario