Un pouco atrasado, por mor de certas obrigas persoais, pero aquí vos deixamos o programa do xoves pasado. Comezouse conectando con Galicia para falar con don Alfredo Dourado, do "Grupo A RODA", que nos falou da súa traxectoria, do novo traballo que presentaron e dos concertos previstos.
A seguinte conversa-entrevista é con don OSCAR DE SOUTO, un escritor, poeta e compañeiro nas ondas en Galicia, que nos comenta a súa tarefa creativa e as previsións máis próximas no tempo, entre as que se atopan o facer un novo programa de radio en galego e moitas cousas máis. Desexámoslle moitos éxitos.
Contiamos, na segunda hora, coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que leva adiante o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. Montes, que sempre ten preparadas as novidades e outras cousas acompañadas dos seus Me ghustan e Non me ghustan... Tamén nos envía a súa creatividade artística cunha viñeta alusiva ao programa de hoxe, que fai referencia á idiosincrasia galega.Despois conectamos novamente con Galicia para falar con don ANXO CARRO, de Tartas Ancano, que nos fala desa empresa que tanto éxito está acadando coas Tartas de Santiago. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Despedímonos ate a vindeira semana. Que sexan felices e non deixen de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario