jueves, 23 de enero de 2020

XOVES 23 de XANEIRO do 2020

Outra semaniña máis con todos vosoutros, tentando ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. A primeira comunicación será con María José Sante Riopedre, Presidenta da Asociación NENOS da Ponte dos Santos, dedicada ao transporte de persoas con discapacidade mental e física ao Colexio de Educación Especial EDE en Tapia de Casariego. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que sigan aumentando en socios.


A segunda intervención-entrevista é con PEPO SUEVOS, grande artista e humorista a quen felicitamos por ter recibido o "Premio ao Mellor Monologista 2019" que lle concedeu FETEGA Teatro Galego. Unha conversa moi amena e chea de humor.


Continuamos o programa e poñémonos en contacto con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da ASOBECAT, que nos informa do "XVII Festival del Botillo 2020 en Cataluña". Como en anos anteriores celebrarase no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat, o día 29 de Febreiro ás 19 horas. O prezo é o mesmo de anos anteriores. Aproveitarán para homenaxear a dous Berciano Ilustres: don Pedro Guerra (Médico Odontólogo) e don Jesús Álvarez (párroco de Cacabelos). O pobo homenaxeado deste ano será "Noceda del Bierzo", con productos facilitados por "Embutidos Santa Cruz". A Adega Arganza será a que servirá o viño Mencía tinto e Godello branco.


A última conversa é coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten preparada unha crónica relacionada con asuntos relacionados con aquela zona.

A vindeira semana que ven máis. 
Non se esquezan de sintonizarnos. 
¡Sexan felices!

jueves, 16 de enero de 2020

Xoves 16 de XANEIRO do 2020

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Agradecemos a visita nos estudos de Guido Álvarez Parga, que nos aompaña. Precisamente, con el comezamos a primeira intervención-entrevista para que nos fale da súa traxectoria profisional e dos seus proxectos tan interesantes. Dámoslle as nosas máis expresivas grazas e despois de dexarlle que teña moitos éxitos na súa andaina, continuamos o programa escoitando unha peciña musical que nos serve para saudar ao segundo convidado.

A peza musical do CD "Poemas de amor en outono", de XOÁN EIRIZ, sérvenos para darlle a ben-vida a este grande intérprete, profesor e músico galego. "Cada poema unha canción", así reza unha das frases dese CD que nos agasallou. Comentamos con el a autoría deste grande traballo, que actualmente está en promoción e que podedes adquirir poñéndovos na súa páxina ou na de Toño Núñez, autor dos poemas que musicou precisamente Xoán Eiriz. Unha primicia que compartimos con todos vosoutros e que desexamos que disfruten del. En vindeiras datas voltaremos a conectar con XOÁN para que nos comente e informe onde poderemos escoitalo en directo, nos Concertos que ten previsto realizaar para a súa presentación.¡Moitas Grazas Xoán Eiriz!


Continuamos, na segunda hora, falando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encaargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?  Comeza comentándonos a experieincia da súa visita a Viana do Bolo a fin de semana pasada, con motivo da VIBOMASK, unha celebración extraordinaria e moi recomendable, non só pola vistosidade senón tamén pola súa orixinaliddade. Fainos un pequeno percorrido polas escollas TOP que seleccinou esta semana. Recoméndanos varias Festas Gastronómicas e apúntanos algunhas frases retranqueiras da súa "libretiña pequena". Tamén nos envía a súa aportación creativa en forma de viñeta alusiva a algunha das intervencións no programa de hoxe. ¡Grazas!


Falamos agora con Jaume Gubianas, diseñador gráfico catalán, que ven de confeccionar o Cartel anunciador da 50 Festa da Androlla do 2020 en Viana do Bolo, dotado con 1500 €uros. Dámoslle os nosos parabens por ter acadado ese Premio tan honroso e que recolle moi acertadamente o que representa esa Festa tan importante para Viana do Bolo. Felicitacións e que sigas colleitando moitos éxitos Jaume. Convidámolo a que visite ese pobo da Galicia interior, a ser posible precisamente no Domingo Gordo do Entroido Vianés, porque así disfrutará da tradición popular enxebre.


Non puidemos conectar con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, pero informounos a todos de que este sábado 18 farase a Presentación-Rolda de Prensa da "XVII Fiesta del Botillo en Cataluña", no Hotel Front Air de Sant Boi. Estades todos convidados. Acompañamos o Cartel anunciador deste grande evento previsto para o día 29 de FEBREIRO. 

 


A vindeira semana voltaremos á mesma hora
¡Agardámosvos!

jueves, 9 de enero de 2020

XOVES 9 de XANEIRO do 2020

Comezamos o primeiro programa do ano dos mil vinte, dándolles a ben-vinda e desexándolles un feliz ano a todos. E a nosa primeira comunicación é con dona Carmen Quinteiro, unha profesora e poeta galega que ven de publicar un poemario-libriño moi interesante. Fálanos da súa faceta creativa e das súas inquedanzas como profesional do ensino. Agradecémoslle a súa aportción.


A segunda intervención é a do noso estimado amigo OSCAR DE SOUTO, un "labrego da palabra" como o define Armando. Mantemos unha conversa moi agradable sobre a súa traxectoria creativa, da presentación e boa acollida que tivo o seu último traballo escrito. Tamén nos avanza algunhas cousas das que están a suceder naquela contorna da Costa da Morte, do Batallón Literario, do "Camiño dos FAROS" e finaliza agasallándonos coa lectura dun poema inédito. ¡Moitas grazas Oscar.!!!


A segunda hora comezámola conectando con Monforte de Lemos, onde se atopa o noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa crónica, composta polos TOP de noticias escollidas, as recomendacións de Festas Gastronómicas e tamén das outras. Finaliza comentando a frase retranqueira seleccionada. Compartimos a súa primeira viñeta do ano, adicada a unha frase mentada no programa de hoxe.


Fernanda Follana encárgase de axudarnos a finalizar o programa coa súa aportación. Dende Becerreá, onde se atopa, falándonos de varios asuntos Culturais e actuacións que se realizaron nestas semanas festivas nos arredores Ancareses. 


E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Sexan felices!