jueves, 23 de enero de 2020

XOVES 23 de XANEIRO do 2020

Outra semaniña máis con todos vosoutros, tentando ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. A primeira comunicación será con María José Sante Riopedre, Presidenta da Asociación NENOS da Ponte dos Santos, dedicada ao transporte de persoas con discapacidade mental e física ao Colexio de Educación Especial EDE en Tapia de Casariego. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que sigan aumentando en socios.


A segunda intervención-entrevista é con PEPO SUEVOS, grande artista e humorista a quen felicitamos por ter recibido o "Premio ao Mellor Monologista 2019" que lle concedeu FETEGA Teatro Galego. Unha conversa moi amena e chea de humor.


Continuamos o programa e poñémonos en contacto con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da ASOBECAT, que nos informa do "XVII Festival del Botillo 2020 en Cataluña". Como en anos anteriores celebrarase no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat, o día 29 de Febreiro ás 19 horas. O prezo é o mesmo de anos anteriores. Aproveitarán para homenaxear a dous Berciano Ilustres: don Pedro Guerra (Médico Odontólogo) e don Jesús Álvarez (párroco de Cacabelos). O pobo homenaxeado deste ano será "Noceda del Bierzo", con productos facilitados por "Embutidos Santa Cruz". A Adega Arganza será a que servirá o viño Mencía tinto e Godello branco.


A última conversa é coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten preparada unha crónica relacionada con asuntos relacionados con aquela zona.

A vindeira semana que ven máis. 
Non se esquezan de sintonizarnos. 
¡Sexan felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario