Encetamos a nosa emisión de "Galegos no BAIX", finalizado o descanso da Semana Santa. Despois de escoitar a nosa sintonía e as consecuentes salutacións de ben-vinda, dámoslle paso á primeira comunicación-conversa co noso convidado de hoxe :
Antonio García Teijeiro, escritor e poeta galego de grande prestixio, que nos recibe moi amablemente, dende Vigo, a súa residencia. Agradecémoslle a súa atención e conversamos sobre a súa producción literaria, sobre a súa poesía e algunha que outra curiosidade persoal. Agasállanos coa lectura de dous poemas cheos de sensibilidade. Felicitámolo pola súa creatividade e grande producción literaria e comprometémonos a volver a falar con el. ¡Moitas Grazas!
A seguinte intervención é a de Eduardo Iglesias, dende Monforte de Lemos. Un deportista de motos, que ven de participar nada menos que na Grande Competición Internacional DAKAR. Fálanos da súa aficción, das dificultades que entrañan o poder participar nesa grande competición internacional con tan poucos recursos e da que se sinte moi satisfeito, non só porque sen ser un profisional desa disciplina, logrou finalizar esa proba tan difícil e confésanos que se propón afrontar a mesma competición para o ano 2022. Segue a traballar e entrenar moi duramente e pretende participar en próximas datas nunha competición que se realizará na comunidade de Andalucía. Desexámoslle moitos éxitos.
Seguimos coa emisión e conectamos con Xosé Antonio Touriñán, humorista, actor e presentador galego con quen mantemos unha conversa moi amena. Ven de presentar a película "CUÑADOS" na que participa como actor de reparto protagonista, xunto con Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, Yolanda Muiños e María Vázquez, entre outros actores tamén galegos. Felicitámolo e desexámoslle que teñan moitos éxitos na posta en marcha desa película que se estrenará precisamente mañá día 9, en máis de 30 cines nacionais.
E finalizamos coa entrevista que nos concedeu
"Agus" do Grupo Folk vasco "Korrontzi". Fálanos da súa creación, da súa traxectoria, dese grande traballo que presentarán, o seu último CD que leva por título:
KOPLARIAK, no Tradicionarius de Gracia o vindeiro día 10 de abril, ás 20 horas. Precisamente aproveitamos para ofrecerlles e escoitar unha peza dese disco para despedilo. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que teñan moitos éxitos.
A vindeira semana máis. Cóidense e que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario