jueves, 25 de marzo de 2021

XOVES 25 de MARZO do 2021

Comezamos este programa de hoxe coa mesma rutina de sempre: A nosa sintonía, salutacións e colocamos unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado: don JOSÉ ANTONIO DÍAZ, Presidente da Cooperativa "A Carqueixa". Reúnen nada menos que 200 cooperativistas para criar vacas e terneiros de grande calidade: O sabor dos Ancares. Así definen ese carne de vacuno que podedes contemplar na súa páxina: osabordosancares.com. Agradecémoslle a súa aportación e informacións relacionadas cos seus productos e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda comunicación-entrevista é con dona EMILIA MARTÍNEZ FUENTES, unha poeta galega nada no concello de Monfero, ó ladiño das fragas do Eume, que vive actualmente en Terra Chá, no concello de Vilalba. Ten publicado un libriño de poesía titulado: "Lendas e Versos", cuxa segunda edición xa está esgotada. Agasállanos coa lectura dun dos seus poemas, que formará parte do seu segundo libro, previsto editar a finais deste ano 2021. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe.

Continuamos, a segunda hora conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos unha relación das noticias frescas de Galicia coa súa sub-seccion que titula: Ghústanme e Desghústanme. Finalizando cunha escolla de fraseoloxía moi interesante. Precisamente aproveitando unha palabra, pequena suxerencia entablada na conversa distendida que mantivemos, confecciona a súa viñeta semanal relacionada con esa definición.

A ultima conversa é con Ubaldo Pérez do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo 74.76, esquina Numancia, de Barcelona. Infórmanos que segue a traballar, con moita menos afluencia de clientes, pero servindo os seus platos de gastronomía galega, sin esquecer as peculiaridades dos xantares cataláns, como poden ser os calçots, que ultimamente están moi solicitados. Coméntanos que é unha magoa non poder ofrecer aqueles xantares mensuais que tiña por costume, acompañados de "festa e baile", pero que non son posibles pola actual situación de restriccións e aforo limitado. Desexamos que todo pase pronto para poder disfrutar da compañía, relación social e gratificantes xantares mensuais.

Finalizamos o programa desexándolles que pasen unha "FELICES FESTAS de SEMANA SANTA" e que volvan a sintonizarnos despois deste descanso Pascual. Aquí deixamos o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario