jueves, 18 de marzo de 2021

XOVES 18 de MARZO do 2021

 Unha nova emisión deste "Galegos no BAIX" tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en galego. Despois da sintonía de comezo e as salutacións oportunas poñemonos en contacto con Ánxela Rodríguez Rodríguez, máis coñecida co pseudónimo de Ánxela Gracián, escritora, traductora, crítica literaria e poeta galega. Agradecémoslle a súa participación no noso humilde programa. Mantemos unha conversa-entrevista moi resumida e curtiña (o tempo na radio fáisenos cativo para o moito que desexamos saber). Agasállanos coa lectura dun dos seus poemas e prometémonos voltar a conectar con ela en próximas datas, para máis sabermos e para continuar aprezando a súa creatividade.

A segunda comunicación é Serxio Pazos (Luis Sergio Pazos Huete), Actor, Cómico, presentador e reporteiro galego. Un grande da escena tanto galega como española e portuguesa. Fálanos dos seus últimos traballos: O inspector Viñas, nunha serie de moito éxito. As intervencións semanais no Luar da TVG... etcétera. Foi unha conversa moi agradable e engaiolante. Voltaremos a falar con el.

Conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen che Preguntou?" que sempre encabeza cos seus "Ghústanme e Desghústanme", relacionados coas noticias de certo relevo en Galicia. Despois as súas caralladas que nesta ocasión están relacionadas coa fraseoloxía e envíanos a súa viñeta alusiva a un momento da nosa emisión. ¡Grazas!

E finalizamos o programa de hoxe despois de falar con Xoan Curiel, que nos informa da súa última creación musical "Treides comigo". Por causas, xa coñecidas de todos, non podemos asistir aos concertos de presentación, como se viña realizando, pero con todo indícanos que precisamente esta fin de semana terá actuación prevista. Felicitámolo. Sabede que na súa páxina podedes contactar con el pra pedirlle algún dos seus traballos e en particular este último que nos indica.

Despedímonos ate a vindeira semana. 

¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos o programa completo aquí.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario