jueves, 4 de marzo de 2021

XOVES 04 de MARZO do 2021

Unha entrega máis do programa "Galegos no BAIX". Dúas horas de emisión en galego, para entrevistas, música galega e informacións diversas. Despois das salutacións e sintonía de benvida, recibimos ao primeiro convidado: Salvador Ribadomar, un mariñeiro poeta que nos fala da súa creación literaria e ademais de comentar parte da súa traxectoria tamén nos agasalla coa lectura dun seu poema. ¡Moitas grazas Salvador!

Continuamos a emisión e conectamos novamente con Galicia, para falar con Davide Manzaneda. Actualmente é Bombeiro Forestal, aínda que pertence a unha Sociedade Cooperativa moi interesante. "AMARELANTE". Dedícase á recolección e explotación das castañas daquela zona, Manzaneda. Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus Desghústanme e Ghústanme. Segue coas "caralladas-humor" con retranca e fálanos dunha noticia que podía se mentira... Despois envíanos a súa creción semanal en forma de viñeta, que compartimos con todos vosoutros.

A úlitma conexión é con Carlos García, responsable e Director do Xornal "Periódico O SIL" de O Barco de Valdeorras. Agradecémoslle a súa aportación. Fálanos dese xoranl, e do especial suplemento que publicaron con motivo do Entroido en Galicia. Acostúmano a facer cada ano, e representa unha posta en valor das máscaras e da tradición ancestral desa zona de Galicia. ¡Moitas grazas Carlos!

Despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora. Aquí deixamos o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario