jueves, 21 de abril de 2022

XOVES 21 de ABRIL do 2022

Comezamos unha nova andaina, despois da Semana Santa, ofrecéndolles as salutacións de rigor e escoitando un bocadiño de música para despois conectar con Galicia para falarmos con MONCHO BOUZAS, poeta galego que pertenceu ao Batallón Literario da Costa da Morte. Nado en Esteiro e residente en Betanzos. Falamos da súa traxectoria creativa, do seu libro de poemas ARGONAUTA... Agradecémoslle a atención que nos dispensa e desexámoslle que acade moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso convidado Sr.Bolaño, que rexenta o Restaurante "Cantábrico" en A Fonsagrada. Conversamos con el sobre a atención no seu Restaurante, tamén nos informa doutro dos seus establecementos: Hotel Las Grandas. Unha conversa chea de información relacionada coas ofertas de servicio no seu Restaurante e do Hotel nas Grandas de Salime. Agradecémoslle a súa participación.


Despois falamos con JOEL PADIN, un xoven pandereteiro e cantareiro de música tadicional galega. Fálanos do seu traballo-CD "Aughas Mortas", que está a ser moi demandado e que tamén se pode disfrutar en varias plataformas dixitais. Está a impartir clases de pandeireta e pandeiro, via on-line. E tamén está preparando un novo tema que incorporará nos próximos concertos de presentación do seu CD. Agradecémoslle a sú colaboración e desexámoslle moitos éxitos.


Finalmente conectamos con CARLOS RIO, que pertence á Xunta Directiva da Asociación Cultural Galega "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet. Danos a coñecer a celebración do "39 Aniversario da Entidade" que conmemorarán cunha "Festa Cultural e Gastronómica", no Parc d'Europa desa localidade. Teñen previsto a realización de diversas actividades moi interesantes. Agradecémoslle a información detallada dese evento cultural galego na cidade de Santa Coloma.



E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana!



No hay comentarios:

Publicar un comentario