jueves, 28 de abril de 2022

XOVES 28 de ABRIL do 2022

Comezamos, coma sempre, coa nosa sintonía, saudando aos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto coa primeria convidada: LUCÍA BLANCO, da Vivendeda Rural e Adega "Casa do VEIGA", en Belesar-Chatanda. Infórmanos da recente posta en marcha e inauguración, concretamente o día de San Xosé, no mes de marzo pasado. Coméntanos cómo se pode acceder a mercar as súas 6 variedades de viño que procuran, a posibilidade de alugarse nesa vivenda con vistas á Ribeira Sacra, dos menús do seu Mesón e dos postres caseiros, en especial a Tarta da avoa. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moita sorte.


O segundo convidado é ISMAEL CARCEDO, Mestre e Profesor de Danza e Musica Tradicional Galega en varios Centros e Asociacións, por exemplo en As Nogais, en Navia de Suarna, A Fonsagrada, no Val de Láncara, no EOI da Coruña... etcétera. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa.


Continuamos, na segunda hora, despois de escoitar o "Grándola Vila Morena", como homenaxe pola Revoluçao dos cravos, recibindo á grande amiga e admirada ANXOS SUMAI, documentalista, tradutora e escritora. Felicitámola pola súa grande creatividade e pola súa doazón dos seus documentos e arquivos persoais ao Colectivo Fundación Eu Seino? Tamén nos fala da presentación, en Catoira, do libro de Rosalía Bermúdez, "7 Herbas máxicas, para a túa saúde, beleza e benestar" ilustrado por Nanda Cabaleiro. A conversa distendida e amena que mantemos con Anxos sérvenos para saber algo máis da súa actividade e traxectoria creativa. Desexámoslle moitos éxitos.

Conectamos despois co Profesor e Gaiteiro OSCAR IBÁÑEZ, que nos fala do seu último traballo publicado: PIPEREGRINOS, as gaitas do camiño. É un CD que contén obras interpretadas en directo por grandes músicos, de Cataluña, Aragón, Asturias, Castela e León, Portugal e Galicia. Unha obra de grande calidade musical. Tamén nos fala da próxima publicación dun CD recopilatorio de Ricardo Portela, que nos promete informarnos e dárnolo a coñecer en vindeiras datas. Agradecémoslle o tempo que nos dedicou  e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Desexamos que pasen unha feliz semana.  

Aquí deixamos o programa completo:



No hay comentarios:

Publicar un comentario