Conectamos co noso correspondente, XOSÉ MANUEL F.MONTES, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. Encargado da sección "Quen che Preguntou?" cos seus "Desghústanme e Ghústanme" convertidos en noticias escollidas como crónica para todos nosoutros. Finaliza a súa intervención coas súas consabidas ocurrencias, que nesta ocasión el mesmo as titula como "caralladas", relacionadas con certas características que se asocian cos "patróns".
Tiñamos convidado a un responsable do Concello de Chantada para podermos coñecer un pouco máis polo miudo o que sucederá na "39 Feira do Viño de Chantada". Non puidemos facelo; posiblemente estivera ocupado e non accesible. Noutra ocasión tentarémolo, alomenos para que sabermos cómo se celebrou ese evento durante os tres día desta fin de semana, 3, 4 e 5 de xuño. Demos lectura das diferentes actividades previstas en Chantada. Tamén falamos da "Festa Galega de Can Mercader", organizada pola A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, prevista para os días 17, 18 e 19 de xuño vindeiros. Escoitamos unha peza de "Os Parentes de Sober".
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario