jueves, 26 de mayo de 2022

XOVES 26 de MAIO do 2022

Unha nova emisión do noso programiña de dúas horas en galego. Comezamos coa sintonía de sempre e despois de escoitar as primeiras notas dunha peciña do CD: Rosalía en Cornellà, dámoslle paso ao primeiro convidado: FRANCISCO NARLA. Felicitámolo pola recente publicación dunha novela que leva por título: BALVANERA (colocamos a fotografía de portada ao final do texto de hoxe). Coméntanos que vai a ser presentado esta mesma tarde-noite en Lugo e que estará na Feira do Libro en Madrid. Tamén nos avanza un chisquiño sobre o argumento da propia novela e cómo se documentou para a súa escrita. Un traballo que seguro lle auguramos cheo de éxitos.

A segunda conversa-entrevista é cunha grande comunicadora, ISABEL PICHEL, Periodista, Licenciada en Socioloxía, escritora e "Profesora da VOZ" (esto é colleita propia). Recibimos unha lección de cómo temos que coidar a voz, e fainos reflexionar sobre o bon uso dese instrumento que é imprescindible para a comunicación, algo que ela domina moi amplamente, pois é Redactora na Radio Galega. Ademais imparte clases, conferencias e charlas informativas relacionadas coa voz. Agradecémoslle a atención que nos dispensou.


Continuamos, na segunda hora conectando con Davide Salgado, compoñente do Grupo de música Folk "O Val das Mouras", que participarán nun concerto previsto realizar na "Festa Galega" de Can Mercader, para o día 17 de xuño vindeiro, xunto coas "Rosalieiras" e co Grupo "Pelepau". Felicitámolo pola recente publicación do seu terceiro CD: "Bruixes e Poetes", que seguen a presentar en diversos lugares, o último precismante no CAT Tradicionarius de Gracia. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.


Conectamos co nos restaurador e amigo, Ubaldo Pérez, do Restaurante "Los Ancares" na rúa Robrenyo,74 (BCN). Tamén o parabenizamos porque retoma a celebración das Festas Gastronómicas mensuais, e este mes de maio, concretamente o domingo día 29 está previsto que realicen o xantar mensual con música galega "Carne ao Caldeiro", estilo galego propiamente, con carne dos Ancares. Tamén hai a posibilidade de elexir un menú alternativo, para aqueles que o desexen. Despois do xantar, retíranse a mesas e comezan as interpretacións musicais con gaita, acordeón, panderetas, tambor e bombo, para diversión de tódolos asistentes, sen nigún prezo adicional. Agradecémoslle a súa comunicación e información.

Finalizamos dando conta dunha recente actividade organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, consitente nunha excursión de dous día a Andorra e arredores. Tamén informamos da próxima celebración da "Festa Galega en Can Mercader", prevista para os día 17, 18 e 19 de xuño próximos.


Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario