jueves, 12 de mayo de 2022

XOVES 12 de MAIO do 2022

Aprovietamos para compartir con todos vosoutros a colaboración, en forma de viñeta que nos envía o noso colaborador en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, relacionado co programa de hoxe. ¡Moitas Grazas Xosé Manuel!
Comezamos esta nova emisión de"Galegos no BAIX"
coa sintonía de sempre, dámoslle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores; escoitamos un bocadiño de música para saudar ao noso primeiro convidado PEDRO FEIJOO BARREIRO, músico e escritor galego. Saudámolo e felicitámolo pola súa participación na Feira do Libro en Santiago de Compostela, onde estivo a asinar libros da súa autoría, como "Os fillos do lume",  "Sen piedade" e outros máis. Unha conversa moi agradable e que nos axuda a coñecer un pouquiño da creatividade deste escritor e filólogo que pronto nos sorprenderá cunha nova publicación e combinamos con el para que nosoutros sexamos primicia informando aos nosos oíntes e seguidores. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda conexión é con ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO, unha grande amiga, tamén relacionada coas letras, moi particularmente coa Poesía. Precisamente tamén a felicitamos porque mañá mesmo, venres día 13 estará en Malpica (na Casa do Pescador) presentando o seu libro: "Edénicas" gañador do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos a segunda hora conectando con OSCAR DE SOUTO, outro galego relacionado coa escrita, concretamente coa poesía. Tamén o felicitamos polo poemario "Carbón Querubín", como el dí editado en papel para disfrute dos que gustan da impresión e comunícanos que agora está ao alcance de todos nas Redes Sociais. Agradecémoslle a colaboración de hoxe no noso programa.

Conversamos con MONTSE VALIJE MARTÍNEZ, viticultora da D.O. Rías Baixas, residente en Salvaterra do Miño. Infórmanos da súa traxectoria e traballos relacionados coa recolección e tratamento da viñas. Tamén nos fala da Adegas Valtea, coa que se sinte moi orgullosa como herdeira desta explotación familiar e nomea moi especialmente a Carla González Chao e Lázaro Moreno Carrera. Pertenece á Colectánea poética Lusa-Galaica. Estivo na Festa do Albariño de Melgaço. Convídanos a participar nas XI Xonadas das Portas nas Rutas dos Viños de Galicia. Foi nomeada Dama Luso&Galaica no Camiño de Santiago Xacobeo 2021-2022. Tamén nos fala da "Festa da Sementeira" en Salvaterra de Miño.

Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana.
Tamén colgamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario