Comezamos este primeiro programa do mes dos Santos coa nosa sintonía e dándolles a benvida a tódolos oíntes e seguidores. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con Mª del Rosario Pita Villares, máis coñecida por CHARO PITA. Licenciada en Filoloxía Hispánica, Escritora, Narradora oral, Actriz e Cantante. Felicitámola e dámoslle as grazas polo agasallo que nos fixo do seu libro: "Retratos en Branco e negro". Falamos del e da súa cretividade literaria. Tamén nos obsequia coa lectura dun relato incluído no seu libro: "Minueto". Agradecémoslle a súa participación.
Continuamos coa segunda convidada, dona MÓNICA ALONSO, Artista Plástica, Licenciada e Doutora en Belas Artes, que na fin de semana pasada pronunciou o seu discurso de Admisión e Entrada na Real Academia Galega de Belas Artes. Parabenizamos a esta Fonsagradina polo seu traballo e coméntanos parte da súa intervención tan interesante, A Arte cura, que próximamente será publicada pola Diputación de Lugo. Fálanos da súa investigación relacionada coas cores... axúdanos a coñecer "un chisquiño" dese traballo tan importante. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
Comezamos a segunda hora conectando novamente con Galicia para conversar con GUIDO ÁLVAREZ PARGA - Guía Oficial de Lugo, a quen tamén felicitamos polas recentes "Viaxes-Guías" que fixo á cidade olívica, onde tivo como "axudante especial" ao gaiteiro Carlos Núñez, para ofrecer esa súa guía: "O Vigo Menos Coñecido". Tamén estivo en Pontevedra, ofrendo precisamente a "Pontevedra Menos Coñecida" e en Santiago de Compostela coa "Compostela Menos Coñecida". Fainos partícipe dunha noticia moi importante que ten moito que ver coa Muralla de Lugo. Un encargo da Deputación de Lugo que pronto verá a luz e convídanos a participar nese proxecto cunha video-gravación. Enviarémoslle-la. Moitas Grazas por todo, Guido e moita sorte en tódolos proxectos nos que estás inmerso.
A última convidada é Ánxela Rodríguez Rodríguez, coñecida polo seu pseudónimo artístico como ÁNXELA GRACIÁN, Licenciada en Filoloxía Hispánica, Escritora, Traductora e Crítica Literaria. Aproveitamos para felicitala por ese libro que está a ter unha grande repercusión "Paisaxes de pan". Tratamos de que nos faga un pequeno adianto del; tamén nos fala da presentación que hai uns días tivo no Marco de Vigo, acompañada do Profesor don Xesús Alonso Montero. Un pracer poder conversar con esta autora que próximamente poderemos saudala persoalmente e disfrutar da súa presencia, porque participará no Xurado do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornella".
E despedímonos desexesando que disfruten dunha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario