jueves, 26 de enero de 2023

XOVES 26 de XANEIRO do 2023

Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en língua galega. Escoitamos a nosa sintonía e saudamos aos nosos oíntes e seguidores. Poñemos unha peza do último Libro-CD de María do Ceo e conectamos con ÁLVARO VOCES, Presidente da "A.C.G. ESCOLA DE GAISTA E DANZAS TOXOS E XESTAS". Fálanos da próxima presentación do seu CD "Todos os Camiños, Todas as Galicias", que acaban de publicar e que farán un grande evento o día 4 de marzo próximo no Teatro Sarriá de Barcelona. Desexámoslle moita sorte.

Continuamos escoitando outra peza do CD de MARÍA DO CEO, coa que conversamos e concédenos unha pequena entrevista-conversa, para sabermos algo máis da súa creatividade e aproveitamos para felicitala e parabenizala por este traballo tan elaborado e feiticeiro, que leva por título: "Galicia Nai". Unha agradable conversa que nos leva a coñecer máis polo miúdo esa grande paixón que amosa na súa interpretación e creatividade. Agasállanos coa lectura dun poema cheo de sensibilidade. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moitos éxitos.

A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende Monforte de Lemos nos achega a súa crónica semanal de noticias en forma de Ghústanme e Desghústanme, na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Agradecémoslle a súa colaboración que sempre nos axuda a coñecer máis de perto algúns aspectos das noticias en Galicia.

A seguinte conversa-entrevista é con MARINA SÁNCHEZ, unha comunicadora, presentadora de Televisión, encargada do Canal Cultura en Youtube, que nos fala da súa faceta comunicadora e participación na revista "Nós, a Xente do Redor", en Ourense. Precisamente esta tarde ela mesmo fará a presentación desta revista no Liceo de Ourense. Seguiremos en contacto.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Colgamos aquí o programa completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario