jueves, 19 de enero de 2023

12 de XANEIRO do 2023 - Primeiro programa do ano

Despois de solventar algúns atrancos informáticos, hoxe podemos ofrecerlles o programa emitido o día 12 de XANEIRO pasado. Sentimos o incomodo que lles fixemos e agardamos poder ser puntuais a partir dagora. O primeiro convidado da semana pasada foi XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ PAZ, funcionario público do Ministerio do Interior, anteriormente Guía Intérprete do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. Conversamos con el para coñecer un bocadiño máis daquelas terras da Raia. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe e prometémonos voltar a falar con el en vindieras datas, apara seguir coñecendo algo máis.

O seguinte é PACO LEDO, gandeiro e Poeta galego que emprega a súa creatividade poética popular, labrega e rural facendo referencia ás ribeiras e ás tradicións da Ribeira Sacra. Agasállanos coa declamación dunha das súas poesías e despedímolo desexándolle moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos a emisión conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Unha crónica informativa convertida en "Ghústanme e Desghústanme" para sabermos algo máis. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo ate o vindeiro programa.

Aproveitamos os últimos minutos da emisión para comentar algunhas informacións e noticias que chegaron á nosa Redacción e, despois de escoitar un bocadiño máis de música, despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario